Eugene Wigner

físico e matemático estadounidense de orixe húngara

Eugene Paul Wigner (en húngaro: Wigner Jenő Pál), nado en Budapest o 17 de novembro de 1902 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 1 de xaneiro de 1995, foi un físico e matemático estadounidense, de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1963 polos seus estudos sobre o núcleo atómico e as partículas elementais.

Infotaula de personaEugene Wigner

(1963) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Wigner Jenő Pál Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Budapest (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1995 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Princeton, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Princeton (pt) Traducir, Sec. 4 Bloc. 031 Lot 31 40°21′21″N 74°39′32″O / 40.355751, -74.658985 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Berlín (1920–1925)
Fasori Gimnázium (en) Traducir (–1919) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaBildung und Zerfall von Molekülen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1925 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseMichael Polanyi Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , físico teórico , profesor universitario , físico , científico nuclear Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Dutch extraordinary professor (en) Traducir. Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) Traducir (1956–1957)
Universidade de Princeton (1946–1971)
Laboratório Nacional de Oak Ridge (pt) Traducir (1945–1946)
Proxecto Manhattan (1942–1945)
Universidade de Princeton (1938–1942)
Universidade de Wisconsin-Madison (1936–1938)
Universidade de Princeton (1930–1936)
Universidade Técnica de Berlín (1928–1933)
Universidade de Gotinga (1927–1928) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresLászló Rátz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua húngara Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJohn Bardeen, Victor Weisskopf (pt) Traducir, Marcos Moshinsky (pt) Traducir, Abner Shimony (pt) Traducir, Fred Tappert (pt) Traducir, William Tout Sharp (en) Traducir, Ralph Zvi Roskies (en) Traducir, Theodore Duddell Newton (en) Traducir, Francis Joseph Narcowich (en) Traducir, Rajmund Lewis Somorjai (en) Traducir, Leonard Eisenbud (pt) Traducir, George Abraham Snow (en) Traducir, Conyers Herring (pt) Traducir, Joseph Hirschfelder (pt) Traducir, Edwin Thompson Jaynes (pt) Traducir e Frederick Seitz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeAmelia Frank
Mary Annette Wheeler
Eileen Clare-Patton Hamilton
FillosDavid Wheeler Wigner (en) Traducir
 () Mary Annette Wheeler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMargit Dirac (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPaul Dirac (cunhado (pt) Traducir)
Gabriel Andrew Dirac (pt) Traducir (fillo da irmá) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 20697 Musicbrainz: ea15c421-6c4f-4ef7-98bd-a1197f2b2690 WikiTree: Wigner-14 Find a Grave: 7959563 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en Budapest, daquela pertencente ao Imperio Austrohúngaro, nunha familia de clase media de raíces xudías. Aos once anos foi enviado a un sanatorio das montañas de Austria para curalo da tuberculose, sendo naquel momento cando iniciou o seu interese polas matemáticas. Despois de estudar no Budapesti Evangélikus Gimnázium a súa familia converteuse ao luteranismo, o cal lle permitiu iniciar en 1921 os seus estudos en enxeñería química no Technische Hochschule de Berlín. Participou en varios coloquios organizados pola Sociedade Física Alemá que tiveron como conferenciantes ilustres nomes como Max Planck, Max von Laue, Rudolf Ladenburg, Werner Heisenberg, Walther Nernst, Wolfgang Pauli e Albert Einstein, e no cal coñeceu o seu compañeiro de investigacións Leó Szilárd.

Adicou os últimos anos da súa vida á filosofía hinduísta.

Investigacións científicas

editar
 
Werner Heisenberg e Eugene Wigner (1928).

Interesado no campo da mecánica cuántica, conseguiu ser axudante de David Hilbert na Universidade de Gotinga. Na súa estancia en Gotinga conseguiu desenvolver a súa teoría sobre a simetría, e no 1927 formulou a matriz Wigner D.

A principios da década de 1930 trasladouse aos Estados Unidos fuxindo do réxime nazi, entrando a traballar na universidade de Princeton e converténdose no cuñado do físico inglés Paul Dirac. Naqueles momentos iniciou os seus traballos ao redor do núcleo atómico, desenvolvendo unha teoría xeral sobre as reaccións nucleares, denominada Teorema de Wigner-Eckart.

O 8 de maio de 1937 conseguiu a nacionalidade norteamericana, e no 1939 foi invitado a participar no Proxecto Manhattan, que contribuíu a impulsar pola redacción da carta que finalmente sería asinada por Einstein e entregada a Roosevelt,[1] aínda que el sempre participou movido por un sentimento pacifista e polo uso civil dos resultados obtidos. Posteriormente participou no proxecto defensivo e de seguridade exterior do goberno dos Estados Unidos chegando a ser no ano 1946 director de investigación e desenvolvemento do Oak Ridge National Laboratory, situado en Tennessee.

En 1963 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Maria Göppert-Mayer e Johannes Hans Jensen, aínda que por traballos diferentes, polas súas contribucións na teoría do núcleo atómico e das partículas elementais, particularmente a través do descubrimento dos principios fundamentais da simetría.

Premios e distincións

editar

Foi nomeado doutor honoris causa en Ciencias pola Universidade Católica de América en 1969.

  1. Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar