Abrir o menú principal

Walter Houser Brattain

físico estadounidense

Walter Houser Brattain, nado en Xiamen (China) o 10 de febreiro de 1902 e finado en Seattle (Washington) o 13 de outubro de 1987, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1956.

Walter Houser Brattain
Nobel prize medal.svg
Brattain.jpg
Walter Houser Brattain
Nacemento10 de febreiro de 1902
 Xiamen - 厦门
Falecemento13 de outubro de 1987
 Seattle
CausaAlzhéimer
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enWhitman College, Universidade de Oregon e Universidade de Minnesota
Ocupaciónfísico e inventor
IrmánsRobert Brattain
PremiosPremio Nobel de Física, Medalha Stuart Ballantine, Medalha John Scott, National Inventors Hall of Fame e Prêmio Memorial Richtmyer
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu na cidade de Xiamen, situada na provincia chinesa de Fujian. Estudou no Whitman College de Walla Walla, no Estado de Washington, licenciándose en física e matemáticas en 1924.

Investigacións científicasEditar

Tras traballar como físico na división de radio do Instituto Nacional de Modelos e Tecnoloxía, o 1929 incorporouse aos Laboratorios Bell. O seu principal campo de investigación foi o estudo das propiedades das superficies dos sólidos, e en particular a da estrutura atómica dun material a nivel superficial, a cal difire da do interior. Xunto aos físicos norteamericanos William Shockley, director do proxecto, e John Bardeen inventaron un pequeno dispositivo electrónico denominado transistor. Anunciouse por primeira vez en 1948 e acabouse o 4 de xullo de 1951, empregándose comercialmente en radios portátiles, audífonos e outros aparellos.

No ano 1956 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Shocley e Bardeen, pola súa investigación en semicondutores e polo descubrimento do efecto transistor.

Véxase taménEditar