Abrir o menú principal

Saul Perlmutter, nado en Champaign-Urbana (Illinois) o 22 de setembro de 1959, é un astrofísico estadounidense do Laboratorio Nacional de Lawrence Berkeley, é profesor de física na Universidade de California, en Berkeley. Membro da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias foi elixido en 2003 a través da asociación americana para o avance científico. Membro da Academia Nacional de Ciencias dos EUA, imparte clases na Universidade de California.

Saul Perlmutter
Nobel prize medal.svg
Saul Perlmutter.jpg
Datos persoais
Nacemento22 de setembro de 1959 (59 anos)
LugarChampaign-Urbana (Illinois, EUA)
ResidenciaBerkeley (California, EUA)
NacionalidadeNorteamericana
Actividade
CampoAstronomía
Alma máterUniversidade Harvard
Universidade de California, Berkeley
Director de teseRichard A. Muller
Contribucións e premios
Coñecido porEnerxía negra, aceleración da expansión do Universo
PremiosPremio Nobel de Física (2009)
editar datos en Wikidata ]

Perlmutter compartiu en 2006 o premio Shaw en Astronomía e o Premio Nobel de Física 2011 con Adam Riess e Brian Schmidt por proporcionar probas sobre a aceleración da expansión do universo.

Índice

FormaciónEditar

Perlmutter graduouse na Universidade Harvard en 1981 magna cum laude. Doutorouse en Ciencias Físicas en Berkeley en 1986.

A tese de Perlmutter tratou da hipótese sobre a existencia da estrela Némese, dirixido por Richard A. Muller.

Actividades científicasEditar

Perlmutter liderou o Proxecto Supernova Cosmology no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. Foron xunto co equipo de investigación High-Z Supernova quen acharon evidencias de que a expansión do universo está a acelerarse en base á observación das estrelas supernova de clase Ia do universo profundo.

As supernovas clase Ia fórmanse a partir de estrelas ananas brancas que incrementan a súa masa a partir dunha compañeira coa que forman un sistema binario ou múltiple, de tal forma que o incremento da masa, crea unha situación crítica mais alá do límite de Chandrasekhar, producindo unha inestabilidade e explotando.

Crese en xeral que as supernovas clase Ia teñen esencialmente unha mesma intensidade enerxética e lumínica, e pode asumirse que en todos os casos ven a ser practicamente o mesmo, polo que se ten calibrado unha medida estándar da luminosidade intrínseca.

Realizando medicións de magnitude aparente pode inferirse no coñecemento da distancia á que se acha a estrela, podéndose comparar co corremento a vermello do espectro é posible coñecer ademais a velocidade da supernova.

O proxecto Supernova Cosmology, concluíu do mesmo xeito que os seus competidores, en que as distantes supernovas ían máis atrasadas no seu movemento que a propia expansión do universo, en consecuencia, esta estase acelerando desde fai miles de millóns de anos, desde canto sucedeu o evento supernova.

Esta conclusión está a ser apoiada por outras liñas de investigación.

Perlmutter tamén lidera as investigacións no proxecto Supernova/Probas de aceleración, onde están a colaborar na construción dun satélite dedicado a localizar e estudar máis estrelas supernovas a gran distancia. Desa maneira poderán construír unha teoría máis consolidada acerca da aceleración na expansión do universo.

Tamén é partícipe do programa Berkeley de medición da Temperatura da Superficie da Terra, que axudará a comprender o recente quecemento global a través da realización de análise de datos climáticos.

PremiosEditar

 
Perlmutter, Adam Riess e Brian P. Schmidt foron galardoados en 2006 co Premio Shaw en Astronomía. En 2011 foron galardoados co Premio Nobel de Física.
  • 2002 - Premio de Física E.O. Lawrence do Departamento de Enerxía dos EUA.
  • 2003 - Científico californiano do ano.
  • 2005 - Premio John Scott.
  • 2005 - Premio Padua.
  • 2006 - Premio Shaw en Astronomía, compartido con Adam Riess e Brian P. Schmidt.
  • 2006 - Premio Internacional Antonio Feltrinelli.
  • 2007 - Premio Gruber en Cosmoloxía, dotado con medio millón de dólares estadounidenses, a el e ó seu equipo, Schmidt e o equipo High-Z Supernova, polo descubrimento da aceleración da expansión do universo.
  • 2011 - Premio Nobel de Física, compartido con Adam Riess e Brian P. Schmidt. O Premio Nobel está dotado cun premio económico de dez millóns de coroas suecas, equivalentes aproximadamente a un millón cen mil euros. Perlmutter obtivo a metade dese premio, mentres que Riess e Schmidt comparten a outra metade entre eles.[1]
  • 2011 - Foi mencionado para obter a Medalla Albert Einstein xunto con Adam Riess.

NotasEditar

Véxase taménEditar