David Wineland

físico estadounidense

David Jeffrey Wineland, nado en Wisconsin o 24 de febreiro de 1944, é un físico estadounidense, laureado co premio Nobel de Física no 2012 canda Serge Haroche,[1] «pola medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais».[2] Traballa no Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) e no laboratorio de física da Universidade de Colorado en Boulder.

Infotaula de personaDavid Jeffrey Wineland

David Wineland en 2008
Nome orixinal(en) David J. Wineland Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1944(80 anos)
Milwaukee, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade de California en Berkeley
Director de teseNorman Foster Ramsey Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica cuántica
Ocupaciónfísico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNational Institute of Standards and Technology (pt) Traducir
Universidade de Washington
Universidade de Oregon (pt) Traducir
Universidade de Colorado en Boulder
Universidade do Estado do Colorado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSedna Quimby-Wineland
Premios
Premio Nobel de Física 2012

WikiTree: Wineland-99

O seu traballo incluíu avances na óptica, arrefriamento láser de ións en trampas de Paul e o uso de ións atrapados en operacións de computación cuántica.

Traxectoria editar

Wineland cursou os seus estudos secundarios no Instituto Encina de Sacramento, California, en 1961.[3] Obtivo a súa licenciatura en Física na Universidade de California, Berkeley en 1965 e finalizou o seu doutoramento en 1970, traballando con Norman Foster Ramsey Jr., na Universidade Harvard, desenvolvendo unha tese doutoral titulada "O máser atómico de deuterio". Logo traballou como investigador posdoutoral no grupo de Hans Dehmelt na Universidade de Washington antes de unirse á National Bureau of Standards en 1975, onde iniciou o grupo de almacenamento de ións, agora no NIST, Boulder.

David Wineland traballa na Universidade de Colorado, e desenvolveu investigacións fundamentais sobre a interacción entre a luz e a materia.

Wineland é membro da Sociedade Americana de Física, a Sociedade Óptica Estadounidense, e foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1992.

Premios editar

David J. Wineland traballa como físico do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST), do Departamento de Comercio dos Estados Unidos. Obtivo o Premio Nobel 2012 de Física, sendo o cuarto premio Nobel en física adscrito ao NIST nos últimos 15 anos.

Wineland compartiu o premio con Serge Haroche do Collège de France e a École Normale Supérieure de París, Francia, "polos métodos experimentais innovadores que permiten a medición e manipulación de sistemas cuánticos individuais".

Outros premios que recibiu son:

Notas editar

  1. Nobel de Física para dos pioneros de la física cuántica. El Mundo, 9 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2014.
  2. 2,0 2,1 Royal Swedish Academy of Sciences (ed.). "Press release - Particle control in a quantum world". Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  3. Class of 1961 Graduation List. encinahighschool.com. Consultado o 22 de xullo de 2014.
  4. IEEE Ultrasonics, Ferroelectrics, and Frequency Control Society (ed.). "Rabi Award". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  5. American Physical Society (ed.). "2001 Arthur L. Schawlow Prize in Laser Science Recipient". Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  6. NIST, ed. (25 de agosto de 2008). "NIST Physicist David J. Wineland Awarded 2007 National Medal of Science". Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  7. Physics Today, ed. (20 de novembro de 2008). "OSA, DPS Name David J. Wineland Winner of First Herbert Walther Award". Consultado o 22 de xullo de 2014.