David Morris Lee
David Morris Lee, nado o 20 de xaneiro de 1931, é un físico ao que lle outorgaron un Nobel de Física en 1996 polas súas investigacións do helio-3.
Nome orixinal | (en) David Morris Lee |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1931 (93 anos) Rye, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Universidade Yale Universidade de Connecticut (pt) |
Coñecido por | investigacións do helio-3 |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico , profesor universitario |
Empregador | Universidade Texas A&M (pt) Universidade Cornell Universidade da Flórida (pt) |
Membro de | Academia de Ciencias de Rusia (foreign member (en) ) (2003–) Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (Member of the National Academy of Sciences of the United States (en) ) (1991–) Asociación Americana para o Avance das Ciencias Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos American Physical Society (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Douglas D. Osheroff e Nicholas P. Bigelow (en) |
Premios | |
Páxina web | lassp.cornell.edu… |
Traxectoria editar
Naceu en Rye, Nova York. Seus pais eran fillos de emigrados xudeus procedentes de Inglaterra e Lituania. Graduouse na Universidade Harvard en 1952 e logo uniuse ao Exército dos Estados Unidos durante 22 meses. Obtivo o seu Masters degree na Universidade de Connecticut e o seu Ph.D. na Universidade Yale en 1955, onde traballou para Henry A. Fairbank. Despois da súa graduación en Yale, converteuse en profesor da Universidade Cornell, onde traballou até agora.
En 1972, publicou un traballo sobre a superfluidez do helio-3 co profesor de Cornell Robert C. Richardson e o seu estudante graduado Doug Osheroff. Os tres recibiron o Premio Nobel en 1996. Tamén investigou o spin.
É membro da Academia Nacional de Ciencias e da American Academy of Arts and Sciences.