George Smoot
George Fitzgerald Smoot III, nado en Yukon, Florida o 24 de febreiro de 1945, é un físico e astrónomo estadounidense. É doutor en Física polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e Profesor de Física na Universidade de Berkeley en California.
George Smoot | |
---|---|
![]() George Fitzgerald Smoot III en 2008 | |
Datos persoais | |
Nome completo | George Fitzgerald Smoot III |
Nacemento | 20 de febreiro de 1945 (78 anos) |
Lugar | Yukon, Florida |
Residencia | Francia |
Nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Campo | física |
Alma máter | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Director de tese | David H. Frisch |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Radiación de fondo cósmico de microondas |
Premios | Premio Nobel de Física en 2006 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi galardoado, xunto con John C. Mather, co Premio Nobel de Física en 2006.
A súa principal contribución foi o estudo da radiación de fondo de microondas mediante o satélite artificial COBE demostrando que pouco despois do Big Bang existían no Universo irregularidades que foron as sementes da posterior formación das galaxias.