Abrir o menú principal

Serge Haroche, nado en Casablanca (daquelas do Protectorado francés de Marrocos) o 11 de setembro de 1944, é un físico francés de ascendencia xudía, laureado co premio Nobel de Física no 2012, canda David Wineland,[1] «pola medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais».[2]

Serge Haroche
Nobel prize medal.svg
Serge Haroche - Théâtre de la Commune d'Aubervilliers - 4 mai 2009.jpg
Serge Haroche (2009)
Datos persoais
Nacemento11 de setembro de 1944
LugarCasablanca, Protectorado francés de Marrocos
ResidenciaFrancia
NacionalidadeFrancesa
Actividade
CampoFísica cuántica
Alma máterLycée Louis-le-Grand, Universidade Pierre e Marie Curie, Escola Normal Superior de Paris, Science Faculty of Paris e Lycée Carnot
Director de teseClaude Cohen-Tannoudji
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física 2012
editar datos en Wikidata ]

Serge Haroche traballa no Collège de France e na Escola Normal Superior de París, e desenvolveu investigacións fundamentais sobre a interacción entre a luz e a materia.

Campos de investigaciónEditar

Haroche é principalmente coñecido por demostrar a decoherencia cuántica mediante a observación experimental, traballando con colegas na École Normale Supérieure, en París en 1996.

PublicaciónsEditar

  • Exploring the Quantum - Atoms, Cavities and Photons (con Jean-Michel Raimond) Oxford University Press, setembro de 2006, ISBN 978-0-19-850914-1
  • Jongler avec la lumière - Une exploration du monde quantique, De Vive Voix, París (2010)

PremiosEditar

É doutor honoris causa polo Instituto Weizmann de Ciencias.[4]

NotasEditar

  1. Nobel de Física para dos pioneros de la física cuántica. El Mundo, 9 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2014.
  2. 2,0 2,1 Royal Swedish Academy of Sciences (ed.). "Press release - Particle control in a quantum world". Consultado o 22 de xullo de 2014. 
  3. Franklin Institute (ed.). "The Franklin Institute Awards". Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  4. "Ph.D Honorees". Instituto Weizmann de Ciencias (en inglés). Consultado o 3/03/2019.