Donna Strickland

física canadense

Donna Theo Strickland, nada en Guelph (Ontario) o 27 de maio de 1959[1] é unha física e académica canadense, Premio Nobel de Física en 2018, cando traballaba como profesora asociada no Departamento de Física e Astronomía da Universidade de Waterloo, (Canadá), "polo seu método de xeración de impulsos ópticos ultracurtos de alta intensidade"[2]. É pioneira no campo dos láseres[3]. É a terceira muller en lograr o Premio Nobel de Física, compartido co seu antigo mentor, Gérard Mourou (Francia). A técnica que desenvolveron (amplificación por deriva de frecuencia), úsase para producir impulsos ultracurtos de moi alta intensidade, útil en micro láser, cirurxía, medicina, e en estudos de ciencia fundamental.

Donna Strickland
Nobel prize medal.svg
Donna Strickland EM1B5760 (46183560632) (cropped).jpg
Nacemento27 de maio de 1959
Lugar de nacementoGuelph
NacionalidadeCanadá
Alma máterUniversidade McMaster, Universidade de Rochester e Guelph Collegiate Vocational Institute
Ocupaciónfísica e profesora universitaria
Coñecida porCompression of amplified chirped optical pulses
PremiosPremio Nobel de Física, membro da Optical Society, Bolsa Sloan, 100 Mulleres da BBC, Companion of the Order of Canada e membro da Royal Society
Na rede
https://uwaterloo.ca/physics-astronomy/people-profiles/donna-strickland
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Graduouse[4] en enxeñaría física na McMaster University en 1981, e completou o doutoramento en Física na especialidade de Óptica na Universidade de Rochester no ano 1989.[5][6] A súa tese de doutoramento titulouse "Development of an ultra-bright laser and an application to multi-photon ionization" (Desenvolvemento dun láser ultrabrillante e unha aplicación para ionización multifotónica), e foi supervisada por Gérard Mourou. Durante a súa estancia nesa universidade, ambos coinventarona amplificación de pulso que lles valeu a concesión do Nobel.[7]

 
O grupo de Donna Strickland na Universidade de Waterloo. Strickland é a segunda da dereita, na fila de atrás.

Premios e recoñecementosEditar

PublicaciónsEditar

NotasEditar

  1. Strickland, Donna T. (1988). "Development of an ultra-bright laser and an application to multi-photon ionization" (PDF). Laboratory for Laser Energetics. University of Rochester. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de xullo de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  2. "Donna Strickland Facts". Nobel Prize. Consultado o 02/10/2018. for their method of generating high-intensity, ultra-short optical pulses 
  3. "Donna Strickland - Physics and Astronomy". 5 de abril 2012. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  4. Bachelor of Engineering
  5. "Biographies -Donna T. Strickland". The Optical Society. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  6. "Donna Strickland". Education Program for Photonics Professionals (en inglés). University of Waterloo. 11 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  7. Murphy, Jessica (2 de outubro de 2018). "Donna Strickland: The 'laser jock' Nobel prize winner". BBC News (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  8. "Past Sloan Fellows". sloan.org. Alfred P. Sloan Foundation. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  9. "Biographies -Donna T. Strickland". The Optical Society. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  10. Research Corporation For Science Advancement (ed.). "Cottrell Scholars sorted by Class" (PDF). rescorp.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 11 de abril de 2020. Consultado o 2 outubro de 2018. 
  11. Johnston, Hamish (2 de outubro de 2018). "Arthur Ashkin, Gérard Mourou and Donna Strickland win the Nobel Prize for Physics". Physics World (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar