Zhores Ivanovich Alferov
Zhores Ivanovich Alferov (en ruso: Жорес Иванович Алфёров), nado en Viciebsk (R.S.S. de Belarús) o 15 de marzo de 1930, é un físico ruso de orixe belarusa. Recibiu o Premio Nobel de Física en 2000, xunto a Herbert Kroemer e Jack Kilby.
Traxectoria editar
Traballa dende 1953 no Instituto Físico-Técnico Ioffe, dende 1989 foi vicepresidente da Academia de Ciencias da U.R.S.S. (dende 1991 de Rusia) e presidente do Centro Científico de San Petersburgo. Inventou e desenvolveu compoñentes rápidos para o seu uso en optoelectrónica e microelectrónica, baseándose en estruturas semicondutoras, coñecidas como heteroestruturas que posibilitou a construción de transistores rápidos. É deputado polo Partido Comunista Ruso[1].
Notas editar
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zhores Ivanovich Alferov |