Yoichiro Nambu

físico estadounidense

Yoichiro Nambu (南部 陽一郎 Nanbu Yōichirō?), nado en Toquio o 18 de xaneiro de 1921 e falecido en Osaca o 5 de xullo de 2015, foi un físico estadounidense de orixe xaponesa.

Yoichiro Nambu
Datos persoais
Nacemento18 de xaneiro de 1921
LugarToquio (Xapón)
Falecemento5 de xullo de 2015
LugarToyonaka
Causainfarto agudo de miocardio
ResidenciaEstados Unidos e o Xapón
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Toquio
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física (2008)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É famoso por ter proposto a "cor de carga" da cromodinámica cuántica, por ter realizado traballos en principios de ruptura espontánea de simetría electrodébil na física de partículas, e por ter descuberto que o modelo de dobre resonancia podería explicarse coa teoría de cordas da mecánica cuántica, sendo ademais, canda Holger Bech Nielsen, John H. Schwarz e Leonard Susskind, un dos fundadores desta teoría. Foi recoñecido con numerosos premios e honras tales como o Premio Nobel de Física, Premio J. Robert Oppenheimer, a Medalla Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, Orde de Cultura do Xapón, a Medalla Max Planck, o Premio Wolf, a Medalla Franklin, a Medalla Dirac ou o Premio Sakurai.

Nambu converteuse inicialmente en profesor de física da Universidade de Osaka en 1950. Tamén foi profesor emérito da Universidade de Chicago.

A Acción Nambu-Goto da teoría de cordas recibe ese nome na honra de Nambu e de Tetsuo Goto. Por outra parte, os bosóns sen masa planteanse na teoría de campos con ruptura espontánea de simetría e denomínanse ás veces bosons Nambu-Goldstone.

O 7 de outubro de 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus descubrimentos en física subatómica, xunto cos xaponeses Makoto Kobayashi e Toshihide Maskawa.[1][2]

Notas editar

  1. "Nobel para tres exploradores de la materia subatómica". El País (en castelán). 2008-10-07. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-03-01. 
  2. La Jornada, ed. (7 de outubro de 2008). "Nobel de Física a investigadores de la “ruptura espontánea de la simetría”" (en español). Consultado o 19 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar