Shuji Nakamura
Shuji Nakamura (中村 修二 Nakamura Shūji?), nado en Ikata o 22 de maio de 1954, é un enxeñeiro electrónico e inventor estadounidense de orixe xaponesa especializado no eido da tecnoloxía dos semicondutores, profesor no Departamento de Materiais no College of Engineering da University of California, Santa Barbara (UCSB).[1]
Shuji Nakamura | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de maio de 1954 |
Lugar de nacemento | Ikata |
Nacionalidade | Xapón e Estados Unidos de América |
Alma máter | University of Tokushima, Universidade de Nagoya e sen etiquetar |
Ocupación | físico, enxeñeiro, inventor e catedrático |
Premios | Premio Nobel de Física, Orden da Cultura, Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica, Medalla Benjamin Franklin, Prémio Harvey, Prêmio Eletrônica Quântica, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Prêmio Charles Stark Draper, Prêmio Pesquisa Carl Zeiss, Pessoa de Mérito Cultural, Asahi Prize, Prêmio de Tecnologia do Milênio, Medalha Edison IEEE, Global Energy Prize, MRS Medal Award, Prêmio Nishina e IET Kelvin Lecture |
Na rede | |
http://www.sslec.ucsb.edu/nakamura/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Polo seu traballo foi galardoado co Premio Nobel de Física de 2014, xunto con Isamu Akasaki e Hiroshi Amano pola "invención de diodos emisores de luz azuis eficientes permitiron fontes de luz branca brillantes e que aforran enerxía".[2] En 2015, a súa achega á comercialización e o desenvolvemento da tecnoloxía de iluminación LED branca de baixo consumo foi recoñecida co Premio Global Energy. En 2021, Nakamura, xunto con Akasaki, Nick Holonyak, M. George Craford e Russell D. Dupuis foron galardoados co Queen Elizabeth Prize for Engineering "pola creación e desenvolvemento de iluminación LED, que constitúe a base de toda a tecnoloxía de iluminación de estado sólido".[3]
NotasEditar
- ↑ "Shuji Nakamura". Santa Barbara: Universidade de California. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 31 de xullo de 2008.
- ↑ "The 2014 Nobel Prize in Physics - Press Release". Nobelprize.org. Nobel Media AB 2014. Consultado o 7 de outubro de 2014.
- ↑ qeprize.org (ed.). "2021 QEPrize Winners. LED Lighting". Consultado o 29 de abril de 2021.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
BibliografíaEditar
- Shuji Nakamura, Gerhard Fasol, Stephen J. Pearton, The Blue Laser Diode : The Complete Story, Springer; 2ª edición, 2 de outubro de 2000, (ISBN 3-540-66505-6)