Sheldon Lee Glashow
Sheldon Lee Glashow, nado en Nova York en 1932, é un físico e catedrático norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1979.
Sheldon Lee Glashow ![]() | |
---|---|
![]() Sheldon Glashow na Universidade Harvard. | |
Datos persoais | |
Nacemento | 5 de decembro de 1932 |
Lugar | Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | Universidade Harvard, Universidade Cornell, The Bronx High School of Science e Universidade de Boston |
Director de tese | Julian Schwinger |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | teoría de cordas |
Premios | Premio Nobel de Física o 1979 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Biografía Editar
Naceu o 5 de decembro de 1932 na vila de Nova York, fillo de inmigrantes rusos de tradición xudía[1]. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Steven Weinberg, e posteriormente licenciouse en Física no ano 1954 na Universidade Cornell. En 1959 conseguiu o doutoramento na Universidade Harvard baixo a supervisión de Julian Schwinger, e ampliou os seus estudos no Instituto Niels Bohr de Copenhague, o CERN e no Instituto Tecnolóxico de California.
Entre 1982 e 1984 Glashow foi profesor de física na Universidade de Houston, e desde aquel ano é o da Universidade de Boston.
Investigacións científicas Editar
Xunto a Steven Weinberg e Abdus Salam desenvolveu a teoría da interacción electrodébil pola cal o electromagnetismo e a Interacción nuclear débil son, baixo certas condicións, unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns.
En 1979 Glashow, xunto con Steven Weinberg e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil.
Posteriormente estudou a relación materia/antimateria, os neutrinos e realizou tamén varios tests de comprobación da relatividade especial descrita por Albert Einstein. Así mesmo destaca por ser un dos científicos máis escépticos da teoría das supercordas, que intenta explicar á vez todas as partículas subatómicas existentes e unificar todas as forzas da natureza.
Libros Editar
Notas Editar
- ↑ ""Sheldon Lee Glashow" - Britannica Encyclopaedia (britannicaonline.com)".
- ↑ Glashow, Sheldon L. (1994). Interacciones : una visión del mundo desde el encanto de los átomos. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-429-0. OCLC 43732833.
- ↑ Glashow, Sheldon L. (1995). El encanto de la física. Barcelona: Tusquets. ISBN 84-7223-830-X. OCLC 43808798.