Walther Hermann Nernst
Walther Hermann Nernst, nado en Briesen, (Prusia, hoxe Wąbrzeźno) o 25 de xuño de 1864 e finado en Ober-Zibelle (Alemaña) o 18 de novembro de 1941, foi un físico e químico alemán, Premio Nobel de Química en 1920.
Walther Hermann Nernst | |
---|---|
![]() Walther Hermann Nernst | |
Datos persoais | |
Nacemento | 25 de xuño de 1864 |
Lugar | Briesen, Prusia |
Falecemento | 18 de novembro de 1941 |
Lugar | Ober-Zibelle ![]() |
Soterrado | Cemiterio municipal de Gotinga |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | Alemán |
Cónxuxe | Emma Lohmeyer (1892) |
Actividade | |
Campo | Química física Física |
Alma máter | Universidade de Berlín Universidade de Zuric Universidade de Graz Universidade de Wuerzburg |
Director de tese | Marcellin Berthelot |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Terceira Lei da Termodinámica Lámpada de Nernst Ecuación de Nernst Efecto de Nernst Ecuación de Nernst Planck Termoquímica |
Influído por | James Riddick Partington |
Premios | Premio Nobel de Química (1920) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado na Prusia occidental, considerábase alemán, aínda que de nai polaca.
Estudou nas universidades de Zúric, Berlín, Graz e Würzburg. Tras traballar algún tempo en Leipzig, desde 1891 exerceu como profesor de física na Universidade de Gotinga, onde, en 1895, fundou o Instituto de Química, Física e Electroquímica.
Posteriormente, en 1905 trasladouse á Universidade Humboldt de Berlín como profesor e director do Instituto de Química Física. En 1922 foi nomeado presidente do Instituto Fisicotécnico de Berlín-Charlottenburg, cargo que deixou en 1933. Desde entón dedicouse ao estudo da electroacústica e astrofísica.
Casou con Emma Lohmeyer en 1892 con quen tivo dous fillos e tres fillas.[1]
Investigacións científicasEditar
Os seus traballos axudaron a establecer a moderna físico-química. Traballou nos campos da electroquímica, termodinámica, química do estado sólido e fotoquímica. Os seus descubrimentos inclúen a ecuación de Nernst.
Desenvolveu o chamado "teorema da calor", segundo o cal a entropía dunha materia tende a anularse cando a súa temperatura aproxímase ao cero absoluto, e que constitúe a Terceira Lei da Termodinámica. Recibiu o premio Nobel de Química, premio que foi anunciado o 10 de novembro de 1921 e entregado aquel mesmo ano.
Desenvolveu tamén unha teoría osmótica para explicar e determinar o potencial dos eléctrodos dunha pila de concentración e formulou a lei de distribución dunha materia entre dúas fases dadas.
Inventou a chamada lámpada de Nernst, cuxo filamento (constituído por óxidos de circonio e itrio) faise condutor ao quentarse, podendo alcanzar temperaturas superiores en máis de 1000 °C ás doutras lámpadas, máis eficaz que as antigas lámpadas de arco de carbón e que adoita empregarse como fonte de raios infravermellos.
A partir de 1933 dedicouse ao estudo da electroacústica e a astrofísica, inventou unha microbalanza, así como un piano eléctrico en colaboración coas compañías Bechstein e Siemens, e no que utilizou amplificadores de radio.
RecoñecementosEditar
Na súa honra bautizouse ao asteroide (24748) Nernst descuberto o 26 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Ludtz D. Schmadel.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Walther Hermann Nernst |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1920 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel
- Perfil de Walther Hermann Nernst NNDB (en inglés)
Predecesor: Fritz Haber |
Premio Nobel de Química 1920 |
Sucesor: Frederick Soddy |