Freimut Börngen
Freimut Börngen, nado o 17 de outubro de 1930, é un astrónomo alemán.
Freimut Börngen | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1930 |
Lugar de nacemento | Halle (Saale) |
Falecemento | 19 de xuño de 2021 |
Lugar de falecemento | Isserstedt |
Nacionalidade | Alemaña |
Ocupación | astrónomo |
Coñecido por | descobridor de asteroides |
Premios | Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Börngen estudou as galaxias cun telescopio Schmidt do Observatorio Karl Schwarzschild en Tautenburg, Turinxia, Alemaña. Retirouse en 1995, aínda que continúa o seu traballo de astrónomo como afeccionado.
Froito do seu traballo descubriu un gran número de asteroides (519 ata xullo de 2006). A procura dos asteroides realizouna fóra do seu tempo de traballo, xa que na antiga República Democrática de Alemaña (RDA) non se consideraba un asunto de prestixio suficiente. Durante o tempo en que existiu o estado da RDA, os nomes que deu aos asteroides foron neutros, como lugares de Turinxia, pero tras a reunificación de Alemaña empregou outros referidos a feitos históricos ou relixiosos.
Froito do seu traballo, a Unión Astronómica Internacional puxo o seu nome a un asteroide: (3859) Börngen, descuberto por Edward Bowell. En 2006 foi homenaxeado no seu país ao outorgárselle a Bundesverdienstkreuz am Bande (Cruz ao Mérito) polo Presidente alemán Horst Köhler.