Brian Schmidt
Brian P. Schmidt, nado en Missoula (Montana) o 24 de febreiro de 1967 , é un astrofísico estadounidense, profesor distinguido do Consello de Investigacións Científicas de Australia, forma parte da Universidade Nacional de Australia e do Observatorio astronómico de Monte Stromlo, tamén é membro do Centro Nacional de Investigación de Astronomía e Astrofísica de Australia e é coñecido polo uso da investigación de estrelas supernovas no estudo cosmolóxico.
Brian Schmidt | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1967 |
Lugar | Missoula (EUA) |
Residencia | Australia |
Nacionalidade | Norteamericana e australiana |
Actividade | |
Campo | Astronomía |
Alma máter | Universidade de Arizona Universidade Harvard |
Director de tese | Robert Kirshner |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Enerxía escura, aceleración da expansión do Universo |
Premios | Premio Nobel de Física (2009) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Actualmente exerce como membro destacado do Consello de Investigacións Científicas de Australia.
Schmidt compartiu en 2006 o premio Shaw en astronomía e en 2011 o Premio Nobel de Física con Saul Perlmutter e Adam Riess por achegar evidencias a favor da aceleración na expansión do universo.
TraxectoriaEditar
- Graduado en Física e Astronomía pola Universidade de Arizona en 1989[1]
- Doutor en Ciencias Físicas pola Universidade Harvard en 1993. A tese doutoral estivo a cargo de Robert Kirshner e facíase uso do estudo das estrelas supernova clase Ia para medir a constante cosmolóxica de Hubble.
Instalouse en Australia en 1994 tras casar coa súa esposa Jenny M. Gordon, sendo estudante de económicas na Universidade Harvard.
Actividades científicasEditar
Schmidt foi un bolseiro postdoctoral do Centro Astrofísico Smithsonian de Harvard (1993-94) antes de marchar ó Observatorio Astronómico de Monte Stromlo en 1995.
Schmidt liderou o equipo de investigación High-Z Supernova onde realizou unha medición da expansión do universo até chegar a oito mil millóns de anos-luz no pasado.
En 1998 este equipo investigador xunto co Proxecto Supernova Cosmology, acharon evidencias de que o universo estaba a acelerarse na súa expansión.[2] Sendo nomeado como "o acontecemento máis rompedor do ano" segundo a revista Science.
Schmidt actualmente lidera o proxecto de cartografía celeste para o proxecto do telescopio espacial e forma parte da Rede de Estudo do Ceo Austral (Southern Sky Survey).
Premios e recoñecementosEditar
- 2000 - Premio Malcolm McIntosh do goberno de Australia.
- 2000 - Premio Bok da Universidade Harvard.
- 2001 - Medalla Joseph Lade Pawsey da Academia Australiana de Ciencias.
- 2002 - Medalla Vainu Bappu da Sociedade Astronómica da India.
- 2005 - Lector do Marc Aaronson Memorial
- 2006 - Premio Shaw en Astronomía, compartido con Adam Riess e Saul Perlmutter.
- 2011 - Premio Nobel de Física,compartido con Adam Riess e Saul Perlmutter.[3]
Schmidt e outros membros de equipo High-Z (definidos como coautores de Riess en 1998) compartiron en 2007 o Premio Gruber en Cosmoloxía, dotado con medio millón de dólares estadounidenses e con Saul Perlmutter do Laboratorio Nacional Lawerence Berkeley e o Proxecto Supernova Cosmology (o equipo definido como coautores de Perlmutter en 1999) polos seus descubrimentos na aceleración da expansión do universo.
NotasEditar
- ↑ "SCHMIDT, Brian" en Who's Who Live Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (Australia), Crown Content Pty Ltd.
- ↑ Cosmology ABC Catalyst segment on Cosmology, with Brian Schmidt, Ray Norris, & Lawrence Kraus
- ↑ BBC News, ed. (4 de outubro de 2011). "Premio Nobel de Física por investigacións sobre a aceleración da expansión do universo".
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
- Aceleración da expansión do Universo
- Universo
- Constante cosmolóxica
- Enerxía escura
- Materia escura
- Supernova
- Telescopio espacial