Arno Allan Penzias
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Arno Allan Penzias, nado en Múnic (Alemaña) o 26 de abril de 1933 e finado o 22 de xaneiro de 2024, foi un astrónomo e físico norteamericano, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1978.
Traxectoria
editarAos seis anos abandonou Alemaña mediante o Kindertransport, transporte establecido polo Reino Unido para evacuar os nenos xudeus durante o réxime nazi. Ao chegaren tamén os pais abandonaron xuntos o Reino Unido e establecéronse coa familia en Nova York en 1940.
No ano 1946 conseguiu a cidadanía norteamericana, estudou física na Universidade de Columbia e en 1962 doutorouse nesta mesma universidade.
Investigacións científicas
editarIniciou a súa investigación científica nos Laboratorios Bell de Nova Jersey, xunto a Robert Woodrow Wilson, realizando melloras de funcionamento sobre as antenas convencionais. En 1964 de forma accidental atoparon unha fonte de ruído na atmosfera que non podían explicar. Tras afinar a recepción da antena, o ruído foi finalmente identificado como unha radiación cósmica de fondo de microondas ou CMB. Este achado foi unha confirmación inicial da Teoría do big-bang exposta por George Gamow.
En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Robert Woodrow Wilson, polo seu descubrimento da Radiación cósmica de fondo. O premio foi compartido con Petr Kapitsa, aínda cando este por un traballo diferente.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arno Allan Penzias |