George E. Smith

físico estadounidense

George Elwood Smith, nado en White Plains, Nova York o 10 de maio de 1930, é un físico estadounidense, coinventor xunto a Willard Boyle do sensor CCD, invención pola cal foron galardoados co Premio Nobel de Física de 2009.[1]

George E. Smith
Datos persoais
Nacemento10 de maio de 1930
LugarWhite Plains (EEUU)
ResidenciaEEUU
NacionalidadeNorteamericana
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Chicago
Universidade de Pensilvania
Contribucións e premios
Coñecido porCCD
PremiosPremio Nobel de Física (2009)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Smith comezou os seus estudos na Universidade de Pensilvania, en 1955, e obtivo o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1959, disertando sobre un guión de só tres páxinas. Traballou nos Laboratorios Bell, en Murray Hill (Nova Jersey), desde 1959, até a súa xubilación en 1986, onde dirixiu investigacións sobre láseres e dispositivos semiconductores. Durante toda a súa carreira, Smith conseguiu ducias de patentes e dirixiu o departamento de VLSI de Bell.

En 1969, Smith e Willard Bayle inventaron o CCD, polo cal recibiron a medalla Stuart Ballantine do instituto Franklin, en 1973. Tamén recibiron o premio Memorial Morris N. Liebmann do IEEE, o premio Charles Stark Draper en 2006, e por último, o premio Nobel de Física en 2009.

Boyle e Smith son grandes navegantes, que realizaban habitualmente travesías xuntos. Despois da súa xubilación, Smith, navegou ó redor do mundo coa súa esposa Janet, durante cinco anos.

Actualmente reside en Waretown, Nova Jersey.

Notas editar

  1. El País (7 de outubro de 2009). "Nobel para os impulsores da fotografía dixital e a fibra óptica". Consultado o 12 de outubro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar