François Englert
O barón François Englert, nado en Bruxelas, Bélxica, o 6 de novembro de 1932, é un físico teórico belga, profesor emérito da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde é membro do Servizo de Física Teórica. Tamén é Profesor Sackler por Designación Especial na Escola de Física e Astronomía da Universidade de Tel Aviv, Israel,[5] e membro do Instituto de Estudos de Quantum na Universidadr Chapman, California. En outubro de 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto a Peter Higgs, polo descubrimento do Mecanismo de Higgs.[4]
François Englert | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 6 de novembro de 1932 |
Lugar | Etterbeek, Bruxelas, Bélxica |
Nacionalidade | Belga |
Actividade | |
Campo | Física teórica |
Alma máter | Université Libre de Bruxelles |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Mecanismo de Higgs |
Premios | Primeiro Premio por Essays on Gravitation, "The Causal Universe" (1978)[1] Premio de Altas Enerxías e Partículas da Sociedade Europea de Física (1997) Premio Francqui (1982)[2] Premio Wolf en Física (2004) Premio Sakurai por Física teórica (2010).[3] Premio Nobel de Física (2013)[4] Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Primeiros anosEditar
François Englert é un sobrevivente do Holocausto,[6] nacido no seo dunha familia xudía. Durante a ocupación alemá de Bélxica, na segunda guerra mundial, tivo que ocultar a súa identidade xudía vivindo en orfanatos e fogares para nenos nas diferentes cidades belgas de Dinant, Lustin, Stoumont e, por último, Annevoie-Rouillon, onde foi liberado polo Exército dos Estados Unidos.
Carreira académicaEditar
Graduouse como enxeñeiro eléctrico-mecánico en 1955 da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde obtivo o seu doutoramento en ciencias físicas en 1959. Desde 1959 até 1961, traballou na Universidade Cornell, primeiro como investigador asociado de Robert Brout e logo como profesor adxunto. A continuación, regresou á ULB, onde se converteu nun profesor universitario e uniuse alí por Robert Brout. A partir de 1980 encabezaron o grupo de física teórica. En 1998 converteuse en Emeritus.
O mecanismo Brout-Englert-HiggsEditar
En colaboración con Robert Brout, propuxo o mecanismo de Brout-Englert-Higgs para explicar a masa de partículas elementais.[7] Un mecanismo similar foi proposto simultaneamente por Peter Higgs[8] a cuxo nome se asocia o bosón de Higgs, tamén chamado bosón de Brout-Englert-Higgs.[9]
O Mecanismo Brout-Englert-Higgs é o fundamento da teoría electrodébil de partículas elementais e sentou as bases dunha visión unificada das leis básicas da natureza.
Premios e condecoraciónsEditar
Concedéuselle, xunto con Robert Brout e Peter Higgs, o Premio de Altas Enerxías e Partículas da Sociedade Europea de Física en 1997 e o Premio Wolf de Física en 2004 polo mecanismo que unifica a curto e longo alcance interaccións a través da xeración masiva de bosóns vectores gauge. Fixo importantes contribucións á física estatística, teoría cuántica de campos, a cosmoloxía, a teoría de cordas e supergravidade.[10]
En 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica xunto a Peter Higgs e o CERN.
Por real Decreto, o 8 de xullo de 2013 François Englert foi ennobrecido como barón polo rei Alberte II de Bélxica.
NotasEditar
- ↑ Gravityresearchfoundation.org (ed.). "Gravity Research Foundation Awards". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016.
- ↑ Aps.org (ed.). "American Physical Society - J. J. Sakurai Prize Winners". Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 Royal Swedish Academy of Sciences, ed. (8 de outubro de 2013). "The Nobel Prize in Physics 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ Tel Aviv University Sackler Professor Wins Nobel Prize Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ USC Shoah Foundation Institute testimony of Francois Englert - USHMM Collections Search Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ F. Englert and R. Brout Phys.Rev.Lett. 13 321 (1964).
- ↑ P. W. Higgs Phys.Rev.Lett. 13 508 (1964).
- ↑ P. W. Higgs Physics Letters 12 132 (1964).
- ↑ "Publication list" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2007. Consultado o 08 de xullo de 2007.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François Englert |