Louis de Broglie
Louis-Victor-Pierre-Raymond, xeralmente coñecido por Louis de Broglie, nado en Dieppe o 15 de agosto de 1892 e finado en Louveciennes o 19 de marzo de 1987, foi un físico francés, introdutor do concepto de onda de materia.
Louis-Victor de Broglie ![]() | |
---|---|
![]() Louis-Victor-Pierre-Raymond | |
Datos persoais | |
Nome completo | Louis Victor Pierre Ramon de Broglie |
Nacemento | 15 de agosto de 1892 |
Lugar | Dieppe, Francia |
Falecemento | 14 de marzo de 1987 (94 anos) |
Lugar | París, Francia |
Soterrado | Neuilly-sur-Seine Old Communal Cemetery |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Campo | Física teórica |
Alma máter | Universidade da Sorbona |
Director de tese | Paul Langevin |
Alumnos de tese | Jean-Pierre Vigier |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Descubrimento da natureza ondulatoria do electrón. |
Premios | Premio Nobel de Física en 1929. |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pertencía a unha familia nobre francesa, e tivo parentes na política, na diplomacia e na carreira militar. Cursou Física teórica na Sorbonne, doutorandose en 1924.
En 1929 foi laureado co Premio Nobel de Física, pola súa descuberta da natureza ondulatoria do electrón.
Dualidade onda-partículaEditar
En palabras do autor, "A idea fundamental da miña tese do 1924 era a seguinte: O feito de que, seguindo a Einstein na súa introdución dos fotóns como ondas de luz, coñecemos que a luz contén partículas que son concentracións de enerxía incorporada á onda, suxire que todas as partículas, como o electrón, poderían ser transportadas por unha onda na que estarían incorporadas... A miña idea esencial foi estender a todas as partículas a coexistencia de ondas e partículas descuberta por Einstein no 1905 para o caso da luz e os fotóns." "con cada partícula de materia con masa m e velocidade v a pode ser 'asociada' unha onda real", relacionada co momento pola ecuación:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Louis de Broglie |
onde é a lonxitude de onda, é a constante de Planck, é o momento (relativista), é a masa en repouso, é a velocidade e é a velocidade da luz no baleiro.
Esta teoría poía as bases da mecánica ondulatoria. Foi sostida por Einstein, confirmada polas experiencias de difracción dos electróns de Davisson et Germer, e xeneralizada polos traballos de Schrödinger.
Non obstante, esa xeralización era estatística e non era aprobada por de Broglie, que dicía « que a partícula debe ser o asento dun movemento periódico interno e debe desprazarse na súa onda de xeito que quede en fase con ela, [Feito] ignorado polos físicos cuánticos actuais [que teñen] a mala idea de considerar una propagación de onda sen localización de partícula, o quera totalmente contrario ás miñas ideas primitivas. »