Carl David Anderson
Carl David Anderson, nado en Nova York o 3 de setembro de 1905 e finado en San Marino (California) o 11 de xaneiro de 1991, foi un físico estadounidense.
Carl David Anderson ![]() | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 3 de setembro de 1905 |
Lugar | Nova York |
Falecemento | 11 de xaneiro de 1991 |
Lugar | San Marino, California |
Soterrado | Forest Lawn Memorial Park |
Nacionalidade | estadounidense |
Cónxuxe | Elvira Lorena Bergman |
Actividade | |
Campo | física |
Alma máter | Instituto Tecnolóxico de California |
Director de tese | William Ralph Smythe e Robert Andrews Millikan |
Contribucións e premios | |
Premios | Premio Nobel de Física (1936) |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Era fillo de emigrantes de orixe sueca. Estudou física e enxeñería no Instituto Tecnolóxico de California, obtendo o seu Bachelor of Sciences en 1927 e doutorándose en 1930. Posteriormente, en 1939, foi catedrático do departamento de Física en devandita Universidade.
Pronto destacou polos seus traballos de investigación sobre os fotoelectróns producidos por raios X, a radiación cósmica -en colaboración con Robert Andrews Millikan -, os raios gamma e a radioactividade inducida. Fotografando os rastros de raios cósmicos na cámara de ionización, descubriu en 1932 unha partícula que bautizou co nome de positrón, chamada tamén electrón positivo por ter a mesma carga positiva que un protón e a mesma masa que un electrón, e cuxa existencia fora predita uns anos antes por Paul Adrien Maurice Dirac.
En 1938 descubriu outra importante partícula elemental relacionada cos raios cósmicos, o mesón (chamado agora mesón ý), previsto xa por Hideki Yukawa en 1935. En 1950 achegou probas da existencia de partículas V cargadas e neutras.
Polo seu descubrimento do positrón outorgóuselle o Premio Nobel de Física en 1936, compartido con Victor Franz Hess.