Steven Weinberg, nado en Nova York o 3 de maio de 1933 e finado en Austin, Texas, o 23 de xullo de 2021,[1] foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1979.

Steven Weinberg
Datos persoais
Nacemento3 de maio de 1933
LugarNova York
Falecemento23 de xullo de 2021
LugarAustin
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAsquenací
CónxuxeLouise Weinberg
Actividade
Campofísico, escritor, profesor universitario, físico teórico e cosmólogo
Alma máterUniversidade de Princeton, Universidade de Columbia, Universidade Cornell e The Bronx High School of Science
Director de teseSam Treiman
PremiosPremio Nobel de Física, Humanist of the Year, Medalla Elliott Cresson, Medalha Oskar Klein, Medalla Nacional de Ciencia, Gibbs Lecture, Premio James Joyce, Prêmio Memorial J. Robert Oppenheimer, Premio Memorial Richtmyer, Prêmio Dannie Heineman de Física Matemática, doutor honoris causa pola Universidade de Padua, doutor honoris causa pola Universidade de Salamanca, Fellow of the Committee for Skeptical Inquiry, Foreign Member of the Royal Society, Emperor Has No Clothes Award, Premio Marcel Grossmann e Prêmio Andrew Gemant
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia xudía. Estudou no Bronx High School of Science, onde coñeceu a Sheldon Lee Glashow, e licenciouse en física en 1954 na Universidade Cornell. No ano 1957 conseguiu o doutoramento na Universidade de Princeton.

Revolucionou a física de partículas, a teoría cuántica de campos e a cosmoloxía con con conceptos que aínda hoxe forman parte dos fundamentos do noso coñecemento da realidade física.[2]

Investigacións científicas editar

Iniciou a súa colaboración con Sheldon Lee Glashow e Abdus Salam ao redor da interacción electrodébil, demostrando como o electromagnetismo e a forza nuclear débil baixo certas condicións son unha mesma e única interacción. Grazas a estes traballos púidose comprobar como esta teoría era aplicable a todas as partículas e non tanto só aos leptóns. En 1979 Weinberg, xunto con Sheldon Glashow e Abdus Salam, serían galardoados co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a Interacción electrodébil, que levaron ó descubrimento no CERN dos bosóns Z e W no 1983.

Co seu traballo, levou á unificación ó paso seguinte a Newton coa súa unificación de leis gravitacionais celestes e terrestres e a comprensión de Maxwell de que os fenómenos eléctricos e magnéticos son expresión dunha única forza.[2]

Bibliografía editar

  • Gravitation and Cosmology: Principles and Applications of the General Theory of Relativity (1972)
  • The First Three Minutes: A Modern View of the Origin of the Universe (1977)[3]
  • The Discovery of Subatomic Particles (1983)
  • Elementary Particles and the Laws of Physics: The 1986 Dirac Memorial Lectures (1987, realizada coa colaboración de Richard Feynman)
  • Dreams of a Final Theory: The Scientist's Search for the Ultimate Laws of Nature (1993)
  • Quantum Theory of Fields (3 volums: 1995, 1996 i 2003)
  • Facing Up: Science and its Cultural Adversaries (2001)
  • Glory and Terror: The Coming Nuclear Danger (2004)
  • Facing Up: Science and Its Cultural Adversaries (2003)

Notas editar

  1. "UT Austin Mourns Death of World-Renowned Physicist Steven Weinberg" (en inglés). University of Texas at Austin. Consultado o 2021-07-24. 
  2. 2,0 2,1 "Steven Weinberg 1933–2021". CERN Courier (en inglés). 2021-07-26. Consultado o 2021-07-28. 
  3. Editado en castelán como "Los tres primeros minutos del universo"

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar