Gran colisor de hadróns

(Redirixido desde "LHC")

Coordenadas: 46°14′N 06°03′L / 46.233, -6.050

LHC.svg
Cadea de aceleradores
do gran colisor de hadróns (LHC)
Experimentos
ATLAS Aparello Toroidal do LHC
CMS Solenoide de Muóns Compacto
LHCb LHC-beauty
ALICE A Large Ion Collider Experiment, Gran colisor de ións
TOTEM Sección de cruzamento total, diseminación
elástica e disociación por difracción
LHCf LHC-dianteiro
MoEDAL Monopole and Exotics Detector At the LHC,
detector monopolo e exóticos[1]
Preaceleradores
p e Pb Acelerador liñal
de protóns e chumbo
(non marcado) Lanzador de protóns do sincrotrón
PS Sincrotrón de protóns
SPS Supersincrotrón de protóns

O gran colisor de hadróns ou gran colididor de hadróns[2] (en inglés: Large Hadron Collider ou LHC, siglas polas que é xeralmente coñecido) é un acelerador colisor de partículas localizado no CERN, preto de Xenebra (na fronteira franco-suíza). O LHC foi deseñado para colisionar feixes de protóns de 7 Tev de enerxía, sendo o seu propósito principal examinar a validez e límites do Modelo estándar, que é actualmente o marco teórico da física de partículas, do cal se coñece a súa ruptura a niveis de enerxía altos. O LHC tense convertido no acelerador de partículas máis grande e enerxético do mundo.

Funcionamento e expectativasEditar

O colisor arrefríase ata a súa temperatura de funcionamento, que é de 1,9 K (menos de 2 grados sobre o cero absoluto ou −271,25 °C). Os primeiros feixes de partículas inxectáronse o 1 de agosto de 2008[3], o primeiro intento para facer circular os feixes por toda a traxectoria do colisor produciuse o 10 de setembro de 2008[4], mentres que as primeiras colisións a alta enerxía tiveron lugar despois de que o LHC se inaugurou de forma oficial o 21 de outubro de 2008[5], comezzndo a recollerse datos no 2010.[6] Uns once meses ó ano fai colisionar protóns, mentres o mes restante, no outono, emprega núcleos pesados, como chumbo ionizado.[7]

Agardouse, unha vez en funcionamento, a produción da partícula coñecida como bosón de Higgs (chamada, ás veces, "A partícula de Deus"[8]), que induce a masa do resto de partículas, descubrimento anunciado o 14 de marzo de 2013 no CERN. Dende aquela, foi estudada a súa masa, carga eléctrica, spin e vida media.[6]

A observación desta partícula confirmaría as prediccións e "ligazóns perdidas" do Modelo estándar da física, podéndose explicar como adquiren as outras partículas elementais propiedades como a súa masa[9].

Verifica-la existencia do bosón de Higgs foi un paso significativo na busca dunha Teoría da grande unificación, teoría que pretende unificar tres das catro interaccións fundamentais coñecidas, quedando fóra dela, unicamente, a gravidade. Por outra banda, este bosón podería explicar por que a gravidade é tan feble comparada coas outras tres forzas. Xunto ao bosón de Higgs tamén poderían producirse outras novas partículas que xa foran preditas teoricamente, e para as que se planificou a súa busca[10], coma os strangelets, os microburacos negros, o monopolo magnético ou as partículas supersimétricas

O novo acelerador ten un túnel de 27 km de circunferencia, usando ademáis o anterior, máis pequeno, creado para o gran colisor de electróns e positróns (LEP, polas súas siglas en inglés). Os catro detectores principais son ATLAS, CMS, LHCb e ALICE[11].

Para comezos de 2020 tiña recollido 280 Pb (2,8·1017 bytes) de datos, dado orixe a máis de 2700 publicacións científicas, recollido 7500 de millóns de conxuntos de datos no seu WLCG (Worldwide LHC Computing Grid), feito acelerar 300 billóns de protóns (cousa de 1 µg) ou rexistrado uns 40 trillóns de colisións.[6] Asemade, Ten aumentado o número de países colaboradores a rredor de 80, despois de incorporar entre 2010 e 2020 a quince novos colaboradores: Albania, Bangladesh, Costa Rica, Casaquistán, Letonia, Líbano, Mongolia, Nepal, Palestina, Paraguai, Filipinas, Qatar, Sri Lanka, Tailandia e Tunisia.

Participación galegaEditar

O Grupo de Física de Altas Enerxías da USC é un colaborador do LHC no seu experimento LHCb.[12]

NotasEditar

  1. Sioli, M.; Giacomelli, G. (2002-11-13). "Astroparticle Physics" (en inglés). 
  2. Sobre a forma correcta, véxase en Un idioma preciso Arquivado 11 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
  3. Dennis Overbye (29 de julio de 2008). "¡Que comece a rotura de protóns! (Xa se escribiu o rap)". The New York Times.
  4. http://lhc-first-beam.web.cern.ch/lhc-first-beam/Welcome.html Nota de prensa do CERN, 7 de agosto de 2008
  5. O LHC será presentado o 21 de outubro. Científico ruso. RIA Novosti.
  6. 6,0 6,1 6,2 "10 years of LHC physics, in numbers". Symmetry Magazine. Consultado o 31 de marzo de 2020. 
  7. Chanda, A. -R.; Grawert, G. (1990-06). "Fusion of aligned deformed heavy ions calculated in the surface friction model". Zeitschrift für Physik A Atomic Nuclei 337 (2): 185–189. ISSN 0930-1151. doi:10.1007/bf01294290. 
  8. The God Particle: If the Universe Is the Answer, What Is the Question?, by Leon Lederman, Dick Teresi, hardcover ISBN 0-395-55849-2, paperback ISBN 0-385-31211-3, Houghton Mifflin Co; (January 1993)
  9. Ellis, John (19 de xullo de 2007). "Máis aló do modelo estándar co LHC". Nature 448: 297–301. doi:10.1038/nature06079. Consultado o 2007-11-24. Hai boas razóns, pero non garantías, para agardar de que o LHC atope física nova máis aló do modelo estándar. O máximo que pode afirmarse por agora é que o LHC ten o potencial de revoluciona-la física de partículas e que nalgúns anos poderemos coñece-lo curso que levará esta revolución 
  10. I.F. Ginzburg, A. Schiller, “Search for a heavy magnetic monopole at the Fermilab Tevatron and CERN LHC”, Phys. Rev. D57 (1998) 6599-6603, arXiv:hep-ph/9802310; A. Angelis et al., "Formation of Centauro and Strangelets in Nucleus-Nucleus Collisions at the LHC and their Identification by the ALICE Experiment”, arXiv:hep-ph/9908210; G. L. Alberghi, et al., “Searching for micro black holes at LHC”, IFAE 2006, Incontri di Fisica delle Alte Energie (Italian Meeting on High Energy Physics)
  11. Jr, Glenn Roberts. "How to get a particle detector on a plane". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-21. 
  12. praza.gal (4/3/2012). "Un achado do experimento LHCb abre a porta a comprender por que a materia venceu á antimateria no Big Bang". Praza.gal. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar