Tesla (unidade)
unidade de densidade de fluxo magnético
Tesla (símbolo T) é a unidade de densidade de fluxo magnético (ou indución magnética) no SI, que equivale a:
Defínese como unha indución magnética uniforme que, esparexida sobre unha superficie de 1 metro cadrado, produce a través desta superficie un fluxo magnético total de 1 weber. Ou tamén, é a indución dun campo magnético que exerce unha forza de 1 N sobre unha carga de 1 C que se move a unha velocidade de 1 m/s dentro do campo e perpendicularmente ás liñas de indución magnética.
A unidade recibiu o nome de Nikola Tesla, científico serbio que contribuíu con importantes estudos no campo do electromagnetismo.
A unidade equivalente no Sistema Ceguesimal de Unidades (CGS) é o gauss:
- 1 T = 10.000 gauss