Indución magnética

fluxo magnético por unidade de área dunha sección normal á dirección de fluxo
(Redirección desde «Densidade de fluxo magnético»)

A indución magnética ou densidade do fluxo magnético (B) pódese definir como unha medida do número de liñas de campo por unidade de área que permean o campo magnético. É unha cantidade vectorial, sendo a súa dirección en calquera punto do campo magnético a dirección do propio campo nese punto.

Constitúe unha medida do campo magnético, e daquela a súa existencia está asociada á presenza de cargas en movemento que o xeran, e así mesmo actúa sobre outras cargas en movemento.

A densidade magnética, no Sistema Internacional de Unidades exprésase en webers por metro cadrado (wbm−2). Esa unidade de magnitude do vector indución magnética recibiu o nome de tesla (T), de modo que: 1 T = 1 wb/m². Unha unidade antiga de indución magnética, aínda moi usada, debido a que os campos habituais son moito menores ca un Tesla, é o gauss; 1 gauss = 10−4 tesla.

As liñas de fluxo trazadas para indicar como os pequenos imáns se comportan cando son colocados nun campo magnético oferecen un medio de mapear/cartografar o campo. Unha tanxente a unha liña de fluxo en calquera punto mostra a dirección que un imán moi pequeno tomará, se for colocado alí. Pódese engadir unha punta de frecha á liña tanxencial, para indicar o sentido que o polo norte do pequeno imán apontará, fornecéndonos, así, a dirección e o sentido do campo magnético (e do vector B) naquel punto.

O campo vectorial conformado pola indución magnética é un campo que deriva dun potencial vectorial e non dun escalar como o campo eléctrico. Isto é,

Onde μ é o momento dipolar magnético que xera o campo. Unha consecuencia disto é o feito do campo magnético non ser un campo conservativo, e daquela non ser irrotacional, presentando en xeral un rotacional que non se anula. Porén a súa diverxencia, resulta nula por definición, polo que non hai fontes nin sumidoiros nun campo magnético, non hai "cargas magnéticas", ou máis correctamente, non hai monopolo magnético. E por isto mesmo as liñas de campo son sempre pechadas.

Usándose unha escala adecuada de liñas de fluxo por unidade de área perpendicular ao campo, poden representarse graficamente a indución (B) e a intensidade do campo (H) en calquera punto. A selección de certo número de liñas para representar unha unidade de fluxo magnético é arbitraria. Normalmente, unha liña de fluxo por metro cadradodo representa unha indución magnética de 1 wb/m² (1T). Neste sentido, unha liña de fluxo é un weber.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar