Eid al-Fitr

O Eid al-Fitr (en árabe: عيد الفطر, en persa: عید فطر, que significan Festa da ruptura do xaxún[1]) é unha festividade relixiosa da tradición islámica. Significa a celebración do fin do Ramadán e abarca os tres primeiros días do Shawwal. A noite anterior ao primeiro día desta festa tamén se considera particularmente auspiciosa. Pola mañá pronto, a comunidade en conxunto realiza diferentes oracións e celebra un almorzo que marca o fin do xaxún do mes máis importante para o mundo musulmán.

Mesquita do Sultán Ahmed en Istambul, Turquía.

Os musulmáns celebran esta festa estreando roupa nova. Os homes usan vestimenta branca como símbolo de pureza. O día enteiro é celebrado polos crentes visitando os fogares e comendo pratos especiais cociñados nesa ocasión. Todos sentan xuntos. Por tradición os nenos reciben regalos, as gratificacións e os doces entregados polos seus seres queridos como símbolo de amor. A fórmula para desexar unha feliz festa é "Eid Mubarak!", que significa "bendito Eid!" ou "santa festa!".

SunnaEditar

Denomínase sunna aos 13 requisitos que os musulmáns deben cumprir durante esta celebración. Formaban parte do costume do profeta Mahoma:

  • Vestir segundo a Xaria.
  • Bañarse.
  • Usar miswaak para a hixiene dental e oral.
  • Vestir o mellor que se teña.
  • Perfumarse o mellor posible.
  • Espertar á madrugada.
  • Ir o antes posible ao sitio onde se realice a plegaria do Eid.
  • Antes de ir débese comer algo doce, como dátiles.
  • Dar o sadaqatul fitr antes de ir.
  • Rezar a plegaria do Eid onde todos o fan. Non se pode rezar na casa, agás causas extremas comprobadas.
  • Logo de rezar débese volver á casa por un camiño diferente ao habitual.
  • Hai que ir a pé.
  • Recitar suavemente o Takbir de camiño ao lugar.

CalendarioEditar

  • 3 de marzo de 1995 (1415)
  • 20 de febreiro de 1996 (1416)
  • 9 de febreiro de 1997 (1417)
  • 30 de xaneiro de 1998 (1418)
  • 19 de xaneiro de 1999 (1419)
  • 8 de xaneiro de 2000 (1420)
  • 27 de decembro de 2000 (1421)
  • 16 de decembro de 2001 (1422)
  • 6 de decembro de 2002 (1423)
  • 25 de novembro de 2003 (1424)
  • 14 de novembro de 2004 (1425)
  • 3 de novembro de 2005 (1426)
  • 24 de outubro de 2006 (1427)
  • 13 de outubro de 2007 (1428)
  • 1 de outubro de 2008 (1429)
  • 20 de setembro de 2009 (1430)
  • 10 de setembro de 2010 (1431)
  • 30 de agosto de 2011 (1432)
  • 19 de agosto de 2012 (1433)
  • 8 de agosto de 2013 (1434)
  • 28 de xullo de 2014 (1435)
  • 17 de xullo de 2015 (1436)
  • 6 de xullo de 2016 (1437)
  • 25 de xuño de 2017 (1438)
  • 15 de xuño de 2018 (1439)
  • 5 de xuño de 2019 (1440)
  • 24 de maio de 2020 (1441)
  • 13 de maio de 2021 (1442)
  • 2 de maio de 2022 (1443)
  • 21 de abril de 2023 (1444)
  • 10 de abril de 2024 (1445)

NotasEditar

  1. Felipe Maíllo Salgado, Vocabulario de historia árabe e islámica, Ediciones AKAL, 1997, p.108.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar