Bey
Orixinalmente bey era a palabra turca para xefe, tradicionalmente aplicado a líderes de pequenas tribos que viu modificado o seu significado ó se crear o Imperio Otomán e recibir os seus gobernantes o título de bey. Máis tarde, en 1383, pasaron a ser coñecidos co título de sultán e bey foi o título que adoptaron os xefes de distrito (beylik). Posteriormente o título quedou como título honorífico e como rango do exército, equivalente ao grao de coronel nos exércitos occidentais. En Tunisia os beys convertéronse nunha dinastía que acabou sendo soberana.