Sapo
Os verdadeiros sapos, e os máis coñecidos polo común da xente, son os membros da familia dos bufónidos (Bufonidae) da clase dos anfibios, orde dos anuros (Anura), de distribución cosmopolita, con dúas especies ibéricas presentes en Galicia, e caracterizadas por teren o corpo repoludo, a pel moi verrugosa, a pupila horizontal e grandes glándulas parótides.[2]
Sapo Rango fósil: Paleoceno tardío – actualidade[1] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bufo viridis
| |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Distribución dos sapos (en negro)
| |||||||||||||
Xénero | |||||||||||||
|
Así e todo, un número de especies pertencentes a outras familias tamén son comunmente denominados sapos. Isto é así porque as características que popularmente se utilizan para distinguir as ras dos sapos non son as mesmas que se utilizan na clasificación científica.
En realidade, son varias as familias de sapos que habitan en Galicia (e algunhas máis que viven noutras partes do mundo). Á parte da familia dos bufónidos, dos que temos dous representantes, o sapo común (Bufo bufo) e o sapo corredor ou corriqueiro (Bufo calamita), hai en Galicia outros dous representantes da familia dos discoglósidos (Discoglossidae), o sapo raxado ou pinto (Dioscoglossus galganoi) e o sapo parteiro (Alytes ostetricans), un da dos pelobátidos (Pelobatidae), o sapo de esporóns (Pelobates cultripes) e outro da dos pelodítidos (Pelodytidae), o sapiño patilongo ou de patas longas (Pelodytes punctatus).[3]
Características
editarA maioría deles vive dentro ou próximos a unha fonte de auga, aínda que existen sapos que viven en ambientes húmidos mais que non son considerados ambientes acuáticos. A necesidade de auga é mais urxente para os ovos e as crías do sapo, a pesar de que algunhas especies utilicen pozas temporalmente e auga recollida nos ramos de plantas. Os anfibios dependen da auga para a posta de ovos —pois estes non teñen casca— e para manter a pel húmida que resulta necesaria para a realización da respiración cutánea, onde o intercambio de gases faise na pel. A respiración cutánea élles necesaria pois a respiración pulmonar non é completamente eficiente.
Desenvolvemento e metamorfose
editarOs sapos producen unha transformación na súa etapa de desenvolvemento. Comezan a súa vida como cágados co corpo semellante a un peixe, sen patas, con aletas e respirando a través das branquias.
Durante a metamorfose, as aletas transfórmanse en patas, desaparecerá a cola e a respiración pasará a ser pulmonar.
Distribución
editarExisten no mundo cerca de 4.800 especies de sapos.
Son capaces de habitaren en multitude de biótopos e atópanse en calquera parte do mundo, excepto nas rexións árticas como gran parte de Siberia, norte do Canadá e Groenlandia e nas zonas desérticas máis áridas coma o deserto do Sáhara; tampouco se atopan en Australia, Nova Zelandia, Madagascar, e parte do océano Índico.
Diferenza entre os sapos e as ras
editarOs sapos distínguense das ras polo porte: son de maior tamaño, mais voluminosos e repoludos, coas patas posteriores máis ben curtas, movementos torpes e cores discretas e a pel seca, áspera e verrugosa; xeralmente viven en ambientes máis secos e teñen as membranas interdixitais pouco desenvolvidas. As ras, pola contra, son máis esveltas, teñen a pel máis lisa, as patas traseiras máis longas, polo que poden dar grandes saltos, e as membranas interdixitais máis desenvolvidas, o que indica os seus hábitos máis acuáticos.[4]
Clasificación
editarA familia dos bufónidos foi creada por John Edward Gray (1800-1875) en 1825.
Segundo Amphibian Species of the World (ASW)[5] os seus xéneros son os seguintes:
Lista de xéneros
editar- Adenomus Cope, 1861.
- Altiphrynoides Dubois, 1987.
- Andinophryne Hoogmoed, 1985.
- Ansonia Stoliczka, 1870.
- Atelophryniscus McCranie, Wilson et Williams, 1989.
- Atelopus Duméril et Bibron, 1841.
- Bufo Laurenti, 1768.
- Bufoides Pillai et Yazdani, 1973.
- Capensibufo Grandison, 1980.
- Churamiti Channing et Stanley, 2002.
- Crepidophryne Cope, 1889.
- Dendrophryniscus Jiménez de la Espada, 1871.
- Didynamipus Andersson, 1903.
- Frostius Cannatella, 1986.
- Laurentophryne Tihen, 1960.
- Leptophryne Fitzinger, 1843.
- Melanophryniscus Gallardo, 1961.
- Mertensophryne Tihen, 1960.
- Metaphryniscus Señaris, Ayarzagüena et Gorzula, 1994.
- Nectophryne Buchholz et Peters In Peters, 1875.
- Nectophrynoides Noble, 1926.
- Nimbaphrynoides Dubois, 1987.
- Oreophrynella Boulenger, 1895.
- Osornophryne Ruiz-Carranza et Hernández-Camacho, 1976.
- Parapelophryne Fei, Ye et Jiang, 2003.
- Pedostibes Günther, 1876.
- Pelophryne Barbour, 1938.
- Pseudobufo Tschudi, 1838.
- Rhamphophryne Trueb, 1971.
- Schismaderma Smith, 1849.
- Spinophrynoides Dubois, 1987.
- Stephopaedes Channing, 1979.
- Truebella Graybeal et Cannatella, 1995.
- Werneria Poche, 1903.
- Wolterstorffina Mertens, 1939.
Galería de imaxes
editar-
Bufo bufo
-
Sapo cunqueiro
-
Sapos no camiño para desovar
Notas
editar- ↑ Zweifel, Richard G. (1998). Cogger, H.G. & Zweifel, R.G., ed. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 91–92. ISBN 0-12-178560-2.
- ↑ Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 142.
- ↑ Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, p. 141-142.
- ↑ Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais, pp. 141 e 177.
- ↑ ASW
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Sapo |
Bibliografía
editar- Andrada, Javier (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
- Arnold. E. N. e J. A. Burton (1878): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
- Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-772-6.
- Zweifel, R. G. (1998), in Cogger, H. G. & Zweifel, R. G.: Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-178560-2.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Frost, Darrel R. (2008): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.2 (15 de xullo de 2008). American Museum of Natural History, Nova York, USA.