José Ramón Quiroga Uría

relixioso e militar galego

José Ramón Quiroga Uría, nado no Hospital (Quiroga) e finado en Casoio (Carballeda de Valdeorras) o 23 de marzo de 1847, foi un relixioso e militar galego, prototipo de cura guerrilleiro durante a guerra de Independencia española (1808-1814).

José Ramón Quiroga Uría
Nome completoJosé Ramón Quiroga y Uría
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoO Hospital
Falecemento23 de marzo de 1847
Lugar de falecementoCasoio
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónclérigo
IrmánsJuan Bernardo Quiroga Uría
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Procedía da familia fidalga da casa da Lamela, en San Salvador do Hospital, no actual concello de Quiroga. Foi irmán de Juan Bernardo Quiroga Uría, deputado nas Cortes de Cádiz. En vésperas da entrada dos franceses en Galiza era abade da freguesía valdeorresa de Casoio, actual concello de Carballeda de Valdeorras. A Xunta de Defensa, Alarma e Guerra de Valdeorras, constituída cando xa o exército francés penetrara na comarca, nomeouno comandante principal ou xefe xeral da mesma, con mando sobre uns 4000 homes, cos que fustrigaría o inimigo en diversas ocasións, chegando ata o Bierzo, onde colaborou coas tropas de liña. Rematada a guerra Quiroga Uría retomou o seu oficio pastoral até.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar