Teixedal de Casaio
bosque de teixos en Casaio, Carballeda de Valdeorras
Coordenadas: 42°17′14″N 6°48′18″O / 42.28718, -6.80510
Teixedal de Casaio | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Árbores senlleiras | ||
Ano de constitución: | |||
Superficie: | |||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Ourense | ||
Concellos: | Carballeda de Valdeorras | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso.[1][2]
É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.
Notas
editar- ↑ galiciaenteira.com (eds.). "O teixedal de Casaio, el bosque perdido". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Catálogo de árbores senlleiras".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Olano Gurriarán, E. (2004). El tejo y el teixadal de Casaio (Ourense). Deputación de Ourense.