Cayetano Gil Taboada

bispo galego

Cayetano Gil Taboada, nado en Barcia (Lalín) o 7 de agosto do 1688 e finado en Santiago de Compostela o 12 de maio do 1751, foi bispo da diocese de Lugo entre 1736 e 1745 e arcebispo da arquidiocese de Santiago de Compostela dende 1745 ata o seu pasamento.

Cayetano Gil Taboada
Nacemento7 de agosto de 1688
Lugar de nacementoBarcia
Falecemento12 de maio de 1751
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Afillado de Felipe Antonio Gil Taboada, que o apoiou na súa carreira relixiosa. Estudou Filosofía en San Xerome e Xurisprudencia en Fonseca e Valladolid. Foi reitor do Colexio Maior de Fonseca en 1713, catro anos despois de doutorarse.

En 1718 foi nomeado provisor e gobernador eclesiástico e en 1725 cóengo e inquisidor de Sevilla. Trasladado a Compostela, foi inquisidor e administrador do Real Hospital. En 1736 foi nomeado bispo de Lugo, onde rematou o edificio do bispado, que exhibe os seus escudos na fachada. En 1745 foi arcebispo de Santiago, durante o seu mandato construíuse a fachada do Obradoiro, na que está o seu escudo.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar