Carballeira de Barcia
A carballeira de Barcia é unha carballeira na parroquia de Santo Estevo de Barcia, en Lalín, que ten un gran número de carballos centenarios (ao redor de 600) aliñados entre si a calquera dos sentidos nos que se mire, cunha distancia aproximada entre un e outro de 10 metros, polo que se pode circular cun vehículo sobre rodas por medio deles sen problemas. Nela ten lugar todos os anos a celebración da festa da parroquia, así como a da "Terceira Idade" (reúne persoas idosas de toda a contorna) desde hai uns cantos anos.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Barcia, Lalín.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información sobre a carballeira na web do Concello de LalínArquivado 16 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (en galego)