Banda de música de Vilatuxe

banda de música de Vilatuxe, Lalín

A Banda de música de Vilatuxe é unha agrupación musical fundada en 1944 na parroquia de Vilatuxe, no concello pontevedrés de Lalín.

Banda de música de Vilatuxe
Nova Banda de Vilatuxe
Auditorio de Vilatuxe.JPG
Auditorio de Vilatuxe, onde ensaia a banda
Anos de actividade1944-actualmente
EnderezoAuditorio de Vilatuxe, s/n Ap. correos 153 36519 LALÍN, Pontevedra

HistoriaEditar

A súa fundación correu a cargo de doce mozos en 1944. Nos primeiros anos de vida, pasaron pola dirección Manuel Anseán, Bernardino da Xesta, Eliseo de Muimenta e Xaquín Roldán Siles. En 1951, tomou a batuta Enrique García Rey, compositor de diversas obras como Rapsodia galega núm. 1. Tras el, pasaron Xosé Ochoa, Ricardo Jordán, José Bugallo Diz, José Peña ou Contiña, entre outros.

Pero a emigración de parte dos membros da formación nas décadas seguintes estivo a piques de facer desaparecer a banda. Foi en 1978 cando se inicia unha nova etapa, á que contribuíu en gran parte José Fernández Bernárdez, que fora un dos mozos fundadores. Apareceron as primeiras mulleres na agrupación e esta pasa a denominarse Nova Banda de Vilatuxe, nome que conservou algo máis de trinta anos. José Barros Sada, entre 1978 e 1990; Ramón Vigo Deza, ata 1994; José García Fernández Pachote, ata 1997 e Gregorio Mosteiro, ata 2003 foron os sucesivos directores. Baixo a batuta de Mosteiro, naceu a Escola de Música de Vilatuxe. A este sucedeuno Jaime González, que foi o primeiro director nado en Vilatuxe e ao cal substituíu Víctor Vilariño, o actual director da agrupación, procedente da Unión Musical Ponteledesma.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar