Florentino
Florentino é unha marca galega de sector téxtil e de complementos con sede en Lalín.
Florentino | |
---|---|
Tenda de Florentino en Narón. | |
Fundación | 1970 |
Matriz | Grupo Florentino |
Localización | Pol. Ind. Lalín 2000, Rúa B 30-34 36500 Lalín (Pontevedra) Galiza |
Fundador | Florentino Cacheda |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa e complementos |
Beneficio | 15 millóns de € |
Número de empregados | 250 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA empresa foi fundada por Florentino Cacheda en 1970 en Lalín onde ten a súa sede nunhas instalación de 35.000 m² e 15.000 m² de centro loxístico. A empresa ten tendas propias en España e franquías no Reino Unido, Francia, Italia, Rusia, Filipinas, Exipto, Líbano e Corea. O 30 % da súa facturación é no estranxeiro[1]. En 2013 iniciou a venda na súa páxina web.
Notas
editar- ↑ "Florentino prosigue su expansión internacional con un nuevo socio en Rusia moda.es". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 10 de maio de 2013.