Fraga de Catasós

bosque mixto en Catasós, Lalín

Coordenadas: 42°38′10″N 8°05′40″O / 42.63611, -8.09454

Fraga de Catasós
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento Natural
Ano de constitución: 12 de abril de 2000[1]
Superficie: 4,52 ha.
Lexislación: Decreto 67/2007, do 22 de marzo.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: Lalín
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

A fraga de Catasós, a carballeira ou souto de Quiroga é unha fraga (ou souto mixto) declarada árbore senlleira e monumento natural no ano 2000 e que se sitúa no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de "carballeira" xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos. Como tamén salienta polos seus senlleiros castiñeiros tamén se lle emprega "souto". Algúns castaños son de varios centos de anos, de 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).[1][2]

Descrición editar

É un reduto de fraga (bosque caducifolio mixto atlántico) que ocupa unha superficie total 4.5185 hectáreas. Aséntase sobre micacitas metamórficas prehercinianas básicas, que dan lugar a solos pardos acedos, de alta produtividade forestal. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Encóntrase nunha zona de transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1.290 mm, unha temperatura media de 12,7 °C e unha media de 293 días libres de xeadas. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar.

Especies de importancia editar

Destacan no espazo a presenza de:

Situación editar

A fraga atópase a uns 4 km da vila de Lalín, preto da estrada N-525 entre Santiago de Compostela e Ourense. Posúe unha curta e sinxela ruta para practicar sendeirismo, un paseo fluvial a través da fraga moi ben sinalizada.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Consellería de Medio Ambiente (Mércores, 12 de abril de 2000). Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 76/2000, do 25 de febreiro, polo que se declara monumento natural a Fraga de Catasós, no concello de Lalín (provincia de Pontevedra).". DOG (Núm. 72): 5.140. 
  2. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. "Monumentos Naturais: Fraga de Catasós". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar