José Benito Suárez Costa

enxeñeiro, profesor e político galego


José Benito Suárez Costa, nado en Pontevedra en 1954, é un capitán da Mariña mercante, enxeñeiro industrial, profesor universitario e político galego.[1][2] Desde 2009 é presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.[3][4][5][6]

Infotaula de personaJosé Benito Suárez Costa
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAna Pastor Julián Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

No ámbito da actividade política ocupou diferentes responsabilidades tanto a nivel local como autonómico. Entre os anos 1995 a 1999 foi tenente de alcalde en Pontevedra encargado inicialmente da área de Policía e Seguridade e concellerio encargado das parroquias,[7] para pasar a dirixir a de Medio Rural tras a integración no goberno de Juan Luis Pedrosa[2] de Eladio Portela, concelleiro de Pontevedra Unida. En xuño do 2000 foi nomeado polo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, Director Xeral de Interior e Protección Civil,[2] da Consellería de Xustiza e Interior, desde onde tivo que ocuparse coa crise do Prestige, de 2002.[3][4] No verán do ano 2005 foi cesado neste cargo polo goberno bipartito PSG-BNG.

Dous anos despois, nas eleccións municipais de 2007 volveu como concelleiro da oposición no equipo do candidato do PPdG, Telmo Martín. Porén, o nomeamento de Suárez Costa como presidente da Autoridade Portuaria do porto de Marín[2] implicou a reestruturación do grupo do PP en Pontevedra, xa que non podía compatibilizar ambos os cargos, o de edil e o portuario, e a súa marcha do concello daría entrada a Miguel Ángel Meijón, número catorce da lista do PP.[3][4]

Vida persoal editar

É o esposo de Ana Pastor, coa que casou en Zamora nos anos 1980.[3][4][5]

Notas editar

  1. Guerra, Andrés (2016-07-19). "Ana Pastor, la élite del clan de los pontevedreses". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Riego, Carmen del (11 de xullo de 2017). "El compañero de paseo de Rajoy". lavanguardia.com. Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 REdacción (2009-05-26). "José Benito Suárez, nombrado presidente del Puerto de Marín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Fernández, Lara (2016-07-20). "El día que Ana Pastor temió por la vida de su marido". El Español (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  5. 5,0 5,1 Veiga, Yolanda (2014-01-12). "La amiga de Rajoy". Hoy (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  6. Escauriaza, M. (2009-04-24). "José Benito Suárez se perfila como sustituto de Surís en la Autoridad Portuaria de Marín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24. 
  7. Barral, Serxio (22 de xuño de 2018). "José Benito Suárez Costa será el vicepresidente del PP de Pontevedra". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar