Gustei, Coles

parroquia civil do concello de Coles

Santiago de Gustei é unha parroquia situada no concello de Coles na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal de 2005 tiña 875 habitantes (461 homes e 414 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación: Gustei, Pobadura, Seara Vella, Sequeiros, Sobral, Vilarnaz, Boncomezo e Soutullo de Arriba.

Gustei
Igrexa parroquial
ConcelloColes[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°23′31″N 7°51′12″O / 42.39194444, -7.85333333Coordenadas: 42°23′31″N 7°51′12″O / 42.39194444, -7.85333333
Poboación875 hab. (2014)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Durante o antigo réxime a parroquia pertenceu á xurisdición de Gustei, dependente da diocese de Ourense. En 1812 e 1820 constituíuse como concello de seu, integrándose en 1835 no de Coles.

Patrimonio editar

A igrexa parroquial é de orixe románica, construída na segunda metade do século XII. Desa época consérvase a fachada, a porta do muro sur, e un tramo da ábsida. En 1979 foi declarada patrimonio arquitectónico de interese histórico-artístico. No altar maior hai unha figura en pedra policromada de Santiago o Maior en postura sedente de mediados do século XIII.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Gustei editar

Lugares da parroquia de Gustei no concello de Coles (Ourense)

Boncomezo | Gustei | Pobadura | Seara Vella | Sequeiros | Sobral | Soutullo de Arriba | Vilarnaz

Parroquias de Coles editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Coles

Albán (San Paio) | A Barra (Santa María) | Cambeo (Santo Estevo) | Coles (San Xoán) | Gueral (San Martiño) | Gustei (Santiago) | Melias (San Miguel) | Ribela (San Xillao) | Santa Mariña de Albán (Santa Mariña) | Santo Eusebio da Peroxa (Santo Eusebio) | Ucelle (Santa María)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar