Barbara Strozzi
Barbara Strozzi, nada en Venecia o 6 de agosto de 1619 e finada en Padua o 11 de novembro de 1677, foi unha cantante e compositora italiana do Barroco.
Barbara Strozzi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de agosto de 1619 |
Lugar de nacemento | Venecia |
Falecemento | 11 de novembro de 1677 |
Lugar de falecemento | Padua |
Soterrada | Basílica de Santo Antonio de Padua |
Nacionalidade | República de Venecia |
Alma máter | Accademia degli Unisoni |
Ocupación | cantante, compositora, modelo, actriz de teatro, cantante de ópera e letrista |
Pai | Giulio Strozzi |
Coñecida por | The First Book of Madrigals |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
ObraEditar
A meirande parte dos seus traballos foron cantatas para soprano solista e baixo continuo, polo que é posíbel pensar que foron escritas para ser interpretadas por ela mesma.
A súa música está profundamente arraigada na técnica denominada "segunda práctica", cuxo principal exemplo é a obra de Claudio Monteverdi. Con todo, os seus traballos presentan maior énfase na lírica, baseados posibelmente na extensión da súa propia voz. Moitas das letras das súas pezas foron escritas polo seu pai Giulio Strozzi. Barbara Strozzi escribiu arias, cantatas dramáticas, madrigais e duetos. Publicou oito volumes de obras, incluíndo máis cantatas que calquera outro compositor do século XVII.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Barbara Strozzi (en inglés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barbara Strozzi |