Comunidade Andina
A Comunidade Andina (en castelán: Comunidad Andina) ou Comunidade Andina de Nacións (CAN), é unha área de libre comercio que ten por obxectivo crear unha unión aduaneira que abrangue os países suramericanos de Bolivia, Colombia, Ecuador, e o Perú. O bloque comercial foi chamado Pacto Andino até 1996, e creouse logo da sinatura do Acordo de Cartaxena en 1969. A súa sede central atópase en Lima, no Perú.
Comunidade Andina | ||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||
|
MembrosEditar
O Pacto Andino orixinal foi fundado en 1969 por Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador e o Perú. En 1973, o pacto sumou un sexto membro, Venezuela. Porén, en 1976 o número de membros reduciuse a cinco de novo cando Chile se retirou. Venezuela anunciou a súa retirada en 2006, reducindo a Comunidade Andina a catro estados membros.
Debido aos acordos de cooperación con Mercosur, a Comunidade Andina gañou catro novos membros asociados: a Arxentina, o Brasil, Paraguai e o Uruguai. Estes catro membros de Mercosur foron convertidos en membros asociados polo Consello Andino de Asuntos Exteriores reunido nunha sesión ampliada coa Comisión (da Comunidade Andina) o 7 de xullo de 2005. Este movemento corresponde ás accións do Mercosur que concedeu a adhesión asociada a todas as nacións da Comunidade Andina en virtude dos Acordos de Complementariedade Económica (Tratados de Libre Comercio) asinados entre a CAN e os membros individuais do Mercosur.[5]
NotasEditar
- ↑ "Ecuador". International Monetary Fund. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2011. Consultado o 2011-04-21.
- ↑ "Bolivia". International Monetary Fund. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2011. Consultado o 21 de abril de 2011.
- ↑ "Colombia". International Monetary Fund. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 2011-04-21.
- ↑ "Peru". International Monetary Fund. Consultado o 2011-05-06.
- ↑ "CAN – Mercosur". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2002.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "SOMOS COMUNIDAD ANDINA". Andean Community of Nations. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 2014-07-12.
- ↑ No marco dos acordos de cooperación de UNASUR e/ou Mercosur
- ↑ "Le Maroc obtient le statut de membre observateur au sein de la Communauté andine des Nations". MAP Express (en francés). Consultado o 2020-07-09.