Boliviano (moeda)
Boliviano (moeda) | |
---|---|
Código: | BOB |
Ámbito: | Bolivia |
Símbolo: | Bs |
Fracción: | 100 centavos |
Moedas: | 10, 20, 50 centavos 1, 2, 5 Bs |
Billetes: | 10, 20, 50, 100, 200 Bs |
Emisor: | Banco Central de Bolivia |
Taxa de troco: 25-03-2010 | 1 EUR = 9,3277 Bs 1 USD = 7,02 Bs |
O Boliviano é a moeda de oficial de Bolivia. O 28 de novembro de 1986 (Lei 901) substitúe o peso boliviano ($b), que perdeu o seu valor coa grande crise inflacionista que sufriu o país en 1985 (8767%, é dicir 750.000 pesos por dólar ese ano). Coa Nova Política Económica, o 28 de novembro de 1986, Paz Estensoro asinou a lei para a posta en circulación o 1 de xaneiro de 1987 dunha nova moeda nacional enteiramente convertible, o boliviano, equivalente a un millón de pesos e cun tipo de troco flexible con relación ao dólar e que logo dun período de transición é a única moeda legalmente aceptada a partir do 1 de xaneiro de 1988. O boliviano entre 1863 e 1963 foi a moeda nacional ata a súa substitución polo peso boliviano.
O Banco Central de Bolivia, fundado en 1928, é o organismo económico responsable da emisión de moeda. A denominación das moedas é de: 10, 20 e 50 centavos e 1, 2 e 5 Bolivianos. En billetes, as denominacións son de 10, 20, 50, 100 e 200 Bolivianos.
Historia
editarO primeiro boliviano
editarO primeiro boliviano apareceu en 1864. Equivalía a oito soles ou medio escudo do sistema monetario anterior. Inicialmente dividíase en 100 centésimos, mais a fracción pasarase a nomear centavo a partir de 1870. A cantidade de dous bolivianos nomeábase un bolívar. En 1963, o boliviano foi substituído polo peso boliviano (ISO 4217: BOP), a razón de 1.000 antigos bolivianos por peso.
O boliviano actual
editarLogo de anos de inflación imparábel, en 1987 substituíuse o peso boliviano por un novo boliviano a razón dun millón de pesos por boliviano.
Moedas
editarMoedas de curso legal na actualidade:
Na actualidade as moedas de 2 e 5 centavos xa non existen.
Denominación | Circula dende | Forma | Metal | Diámetro | Canto | Anverso | Reverso | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anel | Centro | |||||||
2 Centavos | 1988-1996 | Circular | Aceiro inoxidable | Escudo Nacional | Valor facial | |||
5 Centavos | 1988-2004 | Circular | Aceiro inoxidable | Escudo Nacional | Valor facial | |||
10 Centavos | 1997 | Circular | Cobre | Escudo Nacional | Valor facial | |||
20 Centavos | 1988 | Circular | Aceiro inoxidable | Escudo Nacional | Valor facial | |||
50 Centavos | 1988 | Circular | Aceiro inoxidable | Escudo Nacional | Valor facial | |||
1 Boliviano | 1988 | Circular | Aceiro inoxidable | Escudo Nacional | Valor facial | |||
2 Bolivianos | 1991 | Undecagonal | Aceiro inoxidable | Escudo Nacional | Valor facial | |||
5 Bolivianos | 2001 | Circular | Aceiro inoxidable | Latón | Escudo Nacional | Valor facial |
Billetes
editarBilletes actualmente en circulación:
Billetes circulantes | ||||
---|---|---|---|---|
Imaxe | Valor | Descrición | ||
Anverso | Reverso | Anverso | Reverso | |
10 Bolivianos | Cecilio Guzmán de Rojas | Cochabamba e o monumento ás Heroínas da Coronilla | ||
20 Bolivianos | Pantaleón Dalence | Casa Dourada de Tarija | ||
50 Bolivianos | Melchor Pérez de Holguín | Torre da Igrexa da Compañía de Xesús | ||
100 Bolivianos | Gabriel René Moreno | Universidade Maior Real e Pontificia San Francisco Xavier de Chuquisaca | ||
200 Bolivianos | Franz Tamayo | Ruínas de Tiwanaku |
Billetes fóra de circulación:
Billetes fóra de circulación | ||||
---|---|---|---|---|
Imaxe | Valor | Descrición | ||
Anverso | Reverso | Anverso | Reverso | |
100 Bolivianos | Gualberto Villarroel | Refineria de Petroleo |
Notas
editar1. Hai moedas de 10 centavos feitas de aceiro inoxidable, xa que anteriormente a 1997 eran acuñadas dese xeito sen chapado de cobre.
2. A moeda de 5 bolivianos substituíu o billete de 5 bolivianos.
3. Existía tamén o billete de 2 bolivianos, o mesmo que foi substituído pola moeda do mesmo valor.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web do Banco Central de Bolivia
- Imaxes de billetes bolivianos
- Imaxes de billetes de Bolivia, incluído o billete de 5 bolivianos
Predecesor: Peso boliviano |
Peso Boliviano,Boliviano ou Nuevo Peso Boliviano 1986 - actualidade |
Sucesor: — |