Ngozi Okonjo-Iweala

economista nixeriana

Ngozi Okonjo-Iweala, nada en Ogwashi-Uku o 13 de xuño de 1954, é unha economista e experta en desenvolvemento internacional nixeriana. O 15 de febreiro de 2021 foi nomeada Directora Xeral da Organización Mundial do Comercio asumindo as funcións o 1 de marzo de 2021, sendo a primeira muller que asume o posto.

Ngozi Okonjo-Iweala
Ngozi Okonjo-Iweala takes over as new WTO Director-General, 1 March 2021 (50993534756) (cropped).jpg
Nacemento13 de xuño de 1954 e 1954
Lugar de nacementoOgwashi-Uku
NacionalidadeNixeria
EtniaIgbos
Alma máterUniversidade Harvard, Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, MIT School of Architecture and Planning e International School Ibadan
Ocupacióndiplomática, economista e política
PaiChukwuka Okonjo
FillosUzodinma Iweala
PremiosHonorary doctorate from Brown University, doutor honoris causa, doutor honoris causa, honorary doctor of Amherst College, 100 Mulleres da BBC, honorary doctorate of Trinity College, Dublin e Time 100
Na rede
Facebook: ngoziokonjoiweala Twitter: NOIweala TED: ngozi_okonjo_iweala Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É membro das xuntas directivas de Standard Chartered Bank, Twitter, a Alianza Global para Vacinas e Inmunización (GAVI) e African Risk Capacity (ARC).

En 2003 converteuse na primeira muller Ministra de Finanzas de Nixeria (2003-2006, 2011-2015) baixo a presidencia de Olusegun Obasanjo e da presidencia de Goodluck Jonathan.

Tamén foi Directora Xerente do Banco Mundial (2007-2011), unha organización na que traballou durante 25 anos.

TraxectoriaEditar

Naceu en Ogwashi-Ukwu, no estado do Delta de Nixeria, onde o seu pai, o profesor Chukwuka Okonjo, era o obi (rei) da Familia Real Obahai de Ogwashi-Ukwu,[1]

Okonjo-Iweala educouse en Queen's School de Enugu, no St. Anne's School, Molete en Ibadan e na International School Ibadan. Chegou a Estados Unidos en 1973, cando era adolescente, para estudar na Universidade Harvard, e graduouse magna cum laude cun AB en Economía en 1976.[2] En 1981 realizou o doutoramento en economía rexional e desenvolvemento económico no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts.[3][4] Foi ministra de Finanzas da República Federal de Nixeria entre xullo de 2003 e xullo de 2006 e desde xullo de 2011; ese ano encarou un ambicioso programa de reformas para conter o gasto público.[5] Tamén foi ministra de Relacións Exteriores en 2006. Durante o período 2007-2011 foi directora xerente do Banco Mundial. En 2012 considerouse a súa candidatura para presidir dita institución, e contaba co respaldo da Unión Africana[6] e eloxios de prestixiosas publicacións; no entanto, a súa postulación foi superada pola de Jim Yong Kim.[7][8]

En febreiro de 2021 a administración Biden anunciou o seu apoio para que Ngozi Okonjo-Iweala asumise o posto de directora xeral da Organización Mundial do Comercio (OMC). O 15 de febreiro confirmouse o seu nomeamento para substituír ao brasileiro Roberto Azevedo. A decisión tomouse por consenso dos 164 membros.[9] O 1 de marzo de 2021 converteuse na primeira muller e a primeira persoa africana á fronte da OMC, trala renuncia da súa rival, a ministra surcoreana de Comercio Yoo Myung-hee, quen contaba co apoio da administración de Trump.[4][10] O seu mandato expirará o 31 de agosto de 2025 e é renovable.[11]

NotasEditar

  1. "Reminiscences with Prof Okonjo" (en inglés). Consultado o 2021-02-06. 
  2. "Ngozi Okonjo-Iweala, former finance minister of Nigeria and former managing director of the World Bank, will deliver the 2020 Graduation Address" (en inglés). Consultado o 2021-02-06. 
  3. Okonjo-Iweala, Ngozi (1981). Credit policy, rural financial markets, and Nigeria's agricultural development (Thesis). Massachusetts Institute of Technology. hdl:1721.1/46400. OCLC 08096642.
  4. 4,0 4,1 González, Alicia (2021-02-15). "Okonjo-Iweala, la economista acostumbrada a hacer historia, toma el mando del comercio mundial" (en castelán). Consultado o 2021-02-15. 
  5. "Hats off to Ngozi". The Economist. 30 de marzo de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  6. "La UA respalda a Ngozi". Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2012. 
  7. McGroarty, Patrick (22 de marzo de 2012). "Nigerian Receives Backing for World Bank". The Wall Street Journal (Dow Jones). Consultado o 22 de marzo de 2012. 
  8. Nominaciones para presidir el BM
  9. "La nigeriana Ngozi Okonjo-Iweala, primera mujer que dirigirá la Organización Mundial del Comercio" (en castelán). 2021-02-15. Consultado o 2021-02-16. 
  10. "EEUU apoya candidatura de nigeriana Ngozi Okonjo-Iweala al frente de la OMC". 2021-02-05. Consultado o 2021-02-06. 
  11. "La Nigériane Ngozi Okonjo-Iweala nommée directrice générale de l’Organisation mondiale du commerce". Le Monde.fr (en francés). 2021-02-15. Consultado o 2021-02-16. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar