Uzodinma Iweala

escritor estadounidense

Uzodinma Iweala, nado en Washington, D.C. o 5 de novembro de 1982, é un escritor e doutor nixeriano-estadounidense.[1] A súa primeira novela, Beasts of No Nation, é o produto da súa tese sobre escrita creativa en Harvard. Conta a historia dun neno soldado nun país africano sen nome. O libro, publicado en 2005 e adaptado no galardoado filme de 2015, tivo recensións en Time Magazine, The New York Times, Entertainment Weekly, The Times[2] e Rolling Stone. En 2012, lanzou o libro de non ficción Our Kind of People, sobre a epidemia de VIH/SIDA en Nixeria. Posteriormente lanzou a novela Speak No Evil, publicada en 2018, que fala da vida dun rapaz nixeriano-estadounidense gai chamado Niru.[3]

Uzodinma Iweala
Nacemento5 de novembro de 1982
Lugar de nacementoWashington, D.C.
NacionalidadeEstados Unidos de América e Nixeria
Alma máterUniversidade Harvard, Universidade de Columbia, Columbia University Vagelos College of Physicians and Surgeons, Harvard College e St. Albans School
Ocupaciónescritor, sociólogo, médico e cineasta
NaiNgozi Okonjo-Iweala
PremiosJohn Llewellyn Rhys Prize, Sue Kaufman Prize for First Fiction e Los Angeles Times Book Prize
Na rede
IMDB: nm3303697 Twitter: uiweala1 LinkedIn: uzodinma-iweala-58900852 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Iweala é o director de The Africa Center en Harlem, Nova York.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar