A lingua ibo[2] ou igbo (en ibo: Asụsụ Igbo) é unha lingua falada en Nixeria por cerca de 20-25 millóns de persoas, os ibos, especialmente na rexión sueste, anteriormente coñecida como Biafra e en partes da rexión sur-sueste de Nixeria. Existen centenas de dialectos diferentes e linguas iboides incluídas na lingua ibo.

Ibo
asụsụ Ndi Igbo
Outros nomes:Igbo
Falado en: Nixeria, Guinea Ecuatorial e o Camerún
Rexións: África Occidental e África Occidental Cental
Total de falantes: máis de 20 millóns
Posición: 50º máis ou menos
Familia: Níxer-congo
 Atlántico-congo
  Volta-congo
   Benue-congo
    Iboide
     Ibo
Escrita: Alfabeto latino, caracteres nsibidi e alfabeto ndebe
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Nixeria
Regulado por: Sociedade promotora da cultura e lingua ibo
Códigos de lingua
ISO 639-1: ig
ISO 639-2: ibo
ISO 639-3: ibo
Mapa
Status

O ibo está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Dialectos editar

O igbo divídese en varios dialectos, a maioría mutuamente intelixíbeis entre si, son eles; bende, owerri, ngwa, umuahia, nnewi, onitsha, awka, abriba, arochukwu, nsukka, mbaise, abba, ohafia, agbor, wawa okigwe e ukwa/ndoki. O alto grao de semellanza entre estes dialectos fai que se forme unha continuidade dialectal.

Sons editar

O ibo é unha lingua tonal co dous tons distintivos; alto e baixo, posúe harmonía vocálica.

Fonemas vocálicos do igbo estándar
 
The vowel phonemes of Igbo
Fonemas consonantais do igbo estándar
Bilabial Labiodental Dental Alveolar Postalveolar Palatal Velar Labializada
velar
Glotal Labialvelar
Plosivas p b t d k g k͡p g͡b
Nasais m n ɲ ŋ ŋʷ
Fricativas f s z ʃ ɣ ɦ
Africadas ʧ ʤ
Aproximantes ɹ j w
Lateral
aproximante
l

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de ibo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar