Ibadan
Ibadan é unha cidade de Nixeria, a segunda en tamaño e importancia despois de Lagos. Segundo o censo do ano 2006, tiña 2 550 593 habitantes. Sitúase a pouco máis de cen quilómetros ó nordés da gran metrópole, na liña do ferrocarril e estarda que a comunica cos territorios do norte do país (Kano).

localización da cidade en Nixeria
Capital do estado de Oyo e habitada polos yoruba, é un centro comercial e de servizos para a poboada zona agrícola circundante (cacao, algodón, aceite de palma, caucho). Así mesmo, é un núcleo da industria transformadora desas materias primas.
Ten as súas orixes en 1829. Tralas guerras intertribais dos yoruba, os vencedores acamparon no lugar, conformando o seu xermolo inicial.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |