Estado de Oyo

estado de Nixeria

Coordenadas: 8°00′N 4°00′L / 8.000, -4.000

Oyo é dos estados formantes da República Federal de Nixeria, no suroeste desta. Unha estimativa de 2005 apuntaba unha poboación de 6 617 720 habitantes, nunha área de 28.454 km².

Localización de Oyo dentro de Nixeria

Foi creado o 3 de febreiro de 1976 tras a división da antiga Rexión do Oeste. O 27 de agosto de 1991, a parte leste do estado separouse do mesmo, formando Osun.

XeografíaEditar

O Estado Oyo limita polo sur co Estado de Ogun, polo leste co Estado de Osun, polo norte co Estado Kwara, e polo oeste con Benín.

As principais cidades son: Ibadán, Ogbomosho, Oyo, Iseyin, Shaki Igboho, Kisi, Igbo-Ora, Okeho, Ileto e Lalupon.

DivisiónsEditar

O Estado está dividido en 32 LGAs (Local Governement Areas, "Áreas de Goberno Local"): Afijo, Akinyele, Egbeda, Ibadan Central, Ibadan North-East, Ibadan South-West, Ibadan South-East, Ibarapa, Ido, Ifedapo, Ifeloju, Irepo, Iseyin, Kajola, Lagelu, Ogbomosho North, Ogbomosho South, Oyo West, Atiba, Atigbo, Saki East, Itesiwaju, Iwajowa, Ibarapa North, Iyamapo/Olorunsogo, Oluyole, Ogo-Oluwa, Surulere, Orelope, Orire, Oyo e Ona-Ara.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar