Marco Fabio Quintiliano, en latín Marcus Fabius Quintilianus, nado en Calagurris, actual Calahorra, circa 39 e finado en Roma, c. 95, foi un retórico e pedagogo hispanorromano.

Modelo:BiografíaQuintiliano

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Fabius Quintilianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 35 Editar o valor en Wikidata
Calahorra, España Editar o valor en Wikidata
Mortec. 96 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagogo, avogado, mestre, poeta, retórico, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresRemmius Palaemon (en) Traducir, Domício Afer (pt) Traducir e Marco Servílio Noniano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosPublio Cornelio Tácito, Plinio o Novo e Juvenal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Biblioteca dixital BEIC
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 36751 BNE: XX1042668
Estatua a Quintiliano na súa Calahorra natal, por Antonio Loperena Eseverri.

Traxectoria

editar

Naceu en Calagurris Nassica, actual Calahorra, preto de Logroño, na provincia hispanorromana da Tarraconense, foi discípulo do orador Gnaeus Domitius. Fixo os seus primeiros estudos en Roma, onde o seu pai, supostamente, exercía a profesión de rétor ou avogado; alí adquire unha cultura xeral moi completa seguindo as leccións de Remio Palemón e Servilio Nonanio en literatura e de Domicio Afer en elocuencia. Regresa a Hispania no ano 61 cando Nerón nomea a Galba gobernador da Tarraconense. Durante sete anos, é profesor de elocuencia e avogado.

Volve a Roma no ano 68 tras o asasinato de Nerón, cando Galba é proclamado emperador, e desenvolve unha brillante e recoñecida carreira de vinte anos como avogado e profesor de retórica na Roma de Vespasiano, o cal nomeou a Quintiliano mestre oficial de retórica. Tito e Domiciano. Abriu unha escola pública de retórica que obtivo un grande éxito e que lle fixo gañar arredor de cen mil sestercios ao ano. Foille encomendada a educación dos sobriños de Domiciano e os fillos da emperatriz Domitila.

A súa fama provén, porén, de ser o mellor profesor de retórica do mundo antigo xunto a Isócrates. Nesta materia acadou un prestixio tal que o nomearon profesor oficial da materia con retribución pública. Era amigo do científico Plinio o Vello, o escritor romano Plinio o Mozo foi alumno seu e talvez mesmo o historiador Tácito. Tras consumir eses vinte anos como avogado e profesor, retirouse o ano 89 para dedicarse a escribir rodeado de honores (os ornamenta, os consularia e a laticlavia [1]). O fin da súa vida está sinalado cunha serie de dramas familiares: o mesmo ano do seu retiro, 89, perdeu a súa muller, que tiña 19 anos; no 90, o seu fillo primoxénito, que contaba cinco; en 95, o segundo, con dez.

Escribiu primeiro un diálogo que se perdeu en que expón a súa propia posición sobre a crecente corrupción da arte da elocuencia (De causis corruptae eloquentiae) e, pouco antes de falecer, divulgou a súa obra maior: De institutione oratoria. Son espurias dúas coleccións de declamacións que se lle atribúen (Maiores e Minores). Morreu probabelmente pouco antes do asasinato do emperador Domiciano, no ano 95. Con Quintiliano establecese o papel de mestre-alumno, el asignaba un alto valor ás aptitudes naturais dos nenos. Na súa opinión, a torpeza e a incapacidade son fenómenos raros.

A súa fama provén da súa Institutio oratoria (c. 95), unha obra enciclopédica que recolle todo canto cómpre para formar un orador, en doce volumes. Como modelo supremo propón a Cicerón. Nos dous primeiros libros, Quintiliano trata a educación elemental e os métodos para a formación básica no campo da Retórica. Dedica os nove libros seguintes aos fundamentos e técnicas da oratoria. O Libro X é o máis coñecido; nel aconsella a lectura como elemento fundamental na formación dun orador e contén un famoso estudo sobre as persoas que escribiron en grego e latín. O último libro presenta o conxunto de calidades que debe reunir quen se dedique á Oratoria, tanto no tocante ao carácter como á conduta.

A obra defende a formación íntegra do orador como ser humano e como home público e presenta unha orixinalidade notábel cun estilo ciceroniano lúcido e brillante; exerceu unha grande influencia sobre a teoría pedagóxica que sustenta o Humanismo e o Renacemento.

  1. toga cunha banda no seu bordo de cor púrpura que só podían vestir os nobres romanos

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar