Deber

Acción que debe ser feita por alguén por razóns morais (ou legais)

O deber é unha obriga moral de facer ou deixar de facer algunha cousa, independentemente do dexexo de realizala. Estar obrigado a facer algo. O deber posúe un carácter obrigatorio. É o que non pode ser doutra forma e que nace dun mandato. É un termo que transmite un sentido de compromiso moral ou obriga de alguén ou algo. O compromiso moral debe determinar unha acción; que non é unha cuestión de sentimento pasivo ou mero recoñecemento. Cando alguén recoñece un deber, esa persoa teoricamente comprométese ao seu cumprimento sen ter en conta o seu propio interese.[1]

Deber moral editar

O concepto de deber ocupa un dos lugares centrais da linguaxe moral. Referímonos con el aos mandatos e obrigas mediante os cales modificamos a nosa conduta e, en xeral, ao conxunto de esixencias que conforman a nosa vida cotiá.

Engadir a moralidade ao deber implica introducir un factor diferenciador esencial, convértese agora nunha autoobriga, nunha autolimitación, que, a diferenza doutro tipo de coaccións, enfróntase só ás sancións internas derivadas da nosa propia conciencia da responsabilidade da acción. Como todas as formas de obriga, o deber moral limita o ámbito posible de elección e, polo tanto, de actuación.

O significado do termo "deber" é: a necesidade moral de realizar certas accións sen outro motivo que a obediencia a algunha autoridade superior, sen ter en conta ningún obxectivo persoal, motivación, desexo ou interese

Na teoría ética, "deber" refírese á noción de que o home debe obedecer os ditados dunha autoridade sobrenatural. A pesar de que a autoridade da vontade de Deus se atribúe hoxe a entidades terreais como pais de familia, país, estado, humanidade etc.

Deber para Kant editar

En xeral o deber é, a obriga ou necesidade de actuar moralmente. A noción de deber adquire un especial significación na filosofía kantiana, de carácter formal, na que o deber se converte na fonte da obriga moral e, por iso, na fonte da moralidade. O concepto de deber, que contén o dunha vontade boa é, para Kant, a necesidade dunha acción por respecto á lei moral.

As accións poden facerse por inclinación (mediata ou inmediata), ou por deber. Son feitas por inclinación cando as facemos porque con elas podemos obter un ben relacionado coa nosa felicidade: no caso das que se buscan por inclinación inmediata porque a acción mesma produce inmediatamente satisfacción (ver unha película, por exemplo); no caso das que facemos por inclinación mediata porque coas devanditas accións conseguimos unha situación, feito ou circunstancia que produce satisfacción ou ausencia de dor (ir ao dentista, por exemplo). Non obstante, as accións feitas por deber fanse sen relación coa nosa felicidade ou desdita, e sen relación coa felicidade ou desdita das persoas queridas por nós, fanse porque a conciencia moral dinos que teñen que facerse.

Deber como anti-concepto editar

Un dos anti-conceptos máis destrutivos na historia da filosofía moral é o termo "deber". Un anti-concepto é un termo artificial, innecesario e racionalmente inútil, creado co fin de substituír e borrar algún concepto que si é lexítimo. O termo "deber" destrúe máis que conceptos individuais; nega todas as cousas esenciais para unha visión racional da vida e fai que se volvan inaplicables ás accións do home.

Quen pode ter o dereito a esixir ese tipo de submisión ou obediencia? Esa é a forma correcta de facer a pregunta, porque nada nin ninguén pode ter tal dereito ou esixencia aquí na Terra. Se un aceptase iso, o anti-concepto de "deber" destrúe o concepto de realidade: hai un poder inexplicable e sobrenatural que ten prioridade sobre os feitos e dita as accións dun, independentemente do contexto ou das consecuencias.

O "deber" destrúe a razón: substitúe o coñecemento e o xuízo dun, facendo que o proceso de pensar e de xulgar sexa irrelevante para as súas accións. O "deber" destrúe os valores: esixe que un traizoe ou sacrifique os seus valores máis altos por orde dun mandato inexplicable, e converte aos valores nunha ameaza para o valor moral dun, posto que a experiencia do pracer ou do desexo pon en dúbida a pureza moral dos propios motivos.

Se un acepta ese pesadelo en nome da moralidade, a ironía é que o "deber" destrúe a moralidade. Unha teoría deontolóxica (centrada no deber) da ética relega os principios morais a unha lista de "deberes" prescritos, deixando ao resto da vida do home sen ningunha guía moral, esgazando a moralidade de calquera aplicación a problemas reais e ás cousas importantes da existencia do home. Asuntos tales como traballo, carreira, ambición, amor, amizade, pracer, felicidade, estes valores son considerados por estas teorías como *amorais*, é dicir: fora do ámbito da moralidade. Se é así, con que criterio vai un home a tomar as súas decisións cotiás, ou a canalizar o curso da súa vida? Nunha teoría deontolóxica, todos os desexos persoais son desterrados do reino da moralidade; un desexo persoal non ten ningún significado moral, sexa o desexo de crear ou o desexo de matar.

Notas editar

  1. "Samurai". www.pvv.ntnu.no. Consultado o 2018-02-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar