Novelda
Novelda é un concello do País Valenciano situado no interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. Coñecida pola súa produción de uva e o comercio de especias e mármore, a localidade ten 27.008 habitantes (INE 2008).
Novelda | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade autónoma | País Valenciano | ||
Provincia | Alacant | ||
Comarca | Vinalopó Mitjà | ||
Xeografía | |||
Altitude | 241 msnm | ||
Superficie | 75,7 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 27.008 hab. (2008) | ||
Densidade | 356,78 hab./km² | ||
Xentilicio | Noveldense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 03660 | ||
Alcalde | Mariano Beltrá Alted (PSPV) | ||
Ajuntament de Novelda |
XeografíaEditar
No cerro da Mola levántase o castelo que foi a orixe de Novelda, situado no corredor de ligazón que atravesa as serras subbéticas valencianas, polo que o río discorre no seu tramo medio.
ClimaEditar
O clima de Novelda é mediterráneo seco, pero as súas temperaturas ao longo de todo o ano son constantes e agradábeis. En inverno fai relativo frío, sendo a temperatura media 8 °C, pero no verán a calor tamén se mantén con temperaturas medias de 24 °C. O núcleo principal está á dereita do río Vinalopó, que atravesa o termo municipal. Ten unha extensión de 75,7 km². Atópase a 241 metros de altura e a 24 km de Alacant.
EconomíaEditar
A agricultura noveldense xira en torno ao monocultivo da uva de mesa dentro das súas dúas variedades principais: Aledo e Ideal. A actividade industrial máis importante é a fabricación e elaboración de mármore e de pedra natural. Outra actividade industrial representada no municipio é a agroalimentaria, especializada no envasado e comercialización de especias, condimentos e infusións.
FestasEditar
Entre o 18 e o 25 de xullo teñen lugar as festas de Mouros e Cristiáns e Patronais. O 22 de xullo celébrase a festividade de Santa María Madalena, patroa da cidade. O 21 e o 23 teñen lugar os desfiles de Mouros e Cristiáns.
Outra festa propia da cidade é a "procesión das 40 horas" que se celebra todos os martes de Entroido. Neste acto sácase a Sacra Forma polas rúas do centro da cidade. Chama a atención que nun día pagán como o Entroido se celebre un acto relixioso. A orixe veu por unha peste que azoutou á cidade e, desde entón, foille concedida á cidade este privilexio papal para liquidar a pena.
DemografíaEditar
Novelda ten 27.008 habitantes (INE 2008), un 7,9% dos cales é da inmigración (principalmente suramericanos).[1]
Evolución demográfica de Novelda[2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
7.927 | 9.648 | 11.388 | 12.045 | 11.994 | 9.508 | 10.349 | 10.598 | 12.911 | 17.344 | 20.776 | 21.928 | 24.111 | 26.335 | 26.525 | 27.008 |
NotasEditar
- ↑ Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996.