Francelos, Ribadavia

parroquia civil do concello de Ribadavia

Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia do concello de Ribadavia, no Ribeiro. En 2020 tiña 631 habitantes repartidos en dous núcleos de poboación.

Francelos
Capela de San Xes de Francelos
ConcelloRibadavia[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°16′41″N 8°09′26″O / 42.27816332, -8.15718968
Poboación631 hab. (2020)
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

Situación

editar

Francelos é a parroquia máis meridional de Ribadavia. A aldea de Francelos dista apenas 2 quilómetros da capital municipal. Está situada na enfesta da veiga de Valparaíso, que se estende pola marxe dereita do río Miño logo da foz do río Avia.

Patrimonio histórico-artístico

editar

En Francelos sitúase a capela de San Xes de Francelos, resto reedificado dun antigo mosteiro, no que se empregaron diversos elementos decorativos e arquitectónicos da fábrica orixinal prerrománica. Nas inmediacións da aldea de Prexigueiro pódense visitar as termas de Prexigueiro e unha antiga ponte sobre o río Cerves, xusto en fronte da embocadura do río Arnoia no Miño.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Francelos

editar
Lugares da parroquia de Francelos no concello de Ribadavia (Ourense)

Francelos | Prexigueiro

Parroquias de Ribadavia

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ribadavia

Campo Redondo (Santo André) | Esposende (Santiago) | Francelos (Santa María Madanela) | Ribadavia (San Domingos de Fóra) | Ribadavia (San Domingos) | San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo) | Sanín (San Pedro) | Ventosela (San Paio)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar