Termas de Prexigueiro

termas en Prexigueiro (Francelos, Ribadavia)

As termas de Prexigueiro son unha área de augas termais situada na parroquia de Francelos, no concello de Ribadavia. Estas termas son privadas e atópanse nun ambiente natural, completamente rodeadas por un bosque. Ademais, á beira do río Cerves, por debaixo destas termas, hai unhas pozas termais de libre acceso que proveñen do mesmo manancial.

Termas de Prexigueiro

Tipobaños termais Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°15′12″N 8°10′10″O / 42.2534017, -8.1695114
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloRibadavia
ParroquiaFrancelos
LugarPrexigueiro Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Termas de Prexigueiro.
Termas de Prexigueiro.

Historia

editar

A finais do sécuo XX unha escola taller de Ribadavia comezou a recuperar o contorno dos mananciais da parroquia, así como a reconstrución de aldeas e a creación de áreas recreativas. A idea inicial era facer da aldea de Prexigueiro unha vila termal con todas as instalacións necesarias.

A recuperación destas termas, inauguradas de novo en xullo de 2010, foi levada a cabo polo arquitecto Álvaro Varela de Ugarte, autor da ponte do Milenio e dos recintos das termas da Chavasqueira e as termas de Outariz, en Ourense.

O edificio alberga un circuíto termal ao aire libre, formado por pozas de auga quente, que recibe o nome de Camiño Kunamo. Recibe este nome porque ese é un dos camiños de peregrinación máis coñecidos do Xapón, e as termas que forman este circuíto teñen nomes dalgúns dos diferentes templos polos que pasa. Por outra parte, a área de tratamentos que se atopa no interior do edifico está formada por varias salas con nomes de diferentes parroquias próximas a Prexigueiro, como Ribadavia ou Pazos de Arenteiro.

Descrición

editar

As augas do manancial de Prexigueiro son augas sulfurosas, bicarbonatadas, fluoradas e sódicas, orientadas sobre todo ao tratamento de problemas reumáticos, musculares, dermatalóxicos ou de estrés.

O circuíto termal Camiño Kumano está formado por oito termas ao aire libre, cinco de auga quente (entre 37 °C e 41 °C), dúas de auga fría e outra con chorros de hidromasaxe. Por outra parte, dentro do edificio, atopámonos cunha sauna e un spa, ademais da área de tratamentos, onde hai unha gran variedade deles. Algunhas das técnicas máis actuais son as de chocolaterapia e viñoterapia, entre outras.

Accesos

editar

Desde a vila de Ribadavia accédese pola estrada OU-801, paralela ao curso do río Miño. A vía de acceso reformouse no ano 2015.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar