Benito Gallego Montero
Benito Gallego Montero, nado en 1900 e finado en Ourense o 9 de febreiro de 1937, foi un político galego, alcalde de Ribadavia ao final da Segunda República Española.
Benito Gallego Montero | |
---|---|
Nacemento | 1900 |
Lugar de nacemento | Galicia |
Falecemento | 9 de febreiro de 1937 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Dedicábase a prestar diñeiro, converteuse en comisionista. Tamén fixo diñeiro dedicándose ao xogo. Formou parte do Comité Republicano de Ribadavia (1930). Na República foi elixido concelleiro en Ribadavia en 1931 e en 1933 actuou como alcalde. Foi destituído logo da revolución de Asturias. Militante de Izquierda Republicana. Coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ribadavia a principios de marzo. Logo da sublevación do 18 de xullo trasladouse a Ourense, onde foi detido o 20 de xullo no edificio do Goberno civil. Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e executado no Campo de Aragón xunto cos veciños de Ribadavia Celso González Rodríguez, Andrés Centrón Rodríguez e Fidel Blanco Leboso o 9 de febreiro de 1937.
Predecesor: Santiago García Rey |
Alcalde de Ribadavia 1933 |
Sucesor: Santiago García Rey |
Predecesor: Cesáreo Giráldez Diéguez |
Alcalde de Ribadavia 1936 |
Sucesor: Teodomiro Andrés Sánchez |
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- La historia de Benito
- Benito Gallego Montero na páxina web Nomes e Voces.